Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión

Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ía votar por nós porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG.

Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto. Nesta revisión do traballo feito, comprobamos que a nosa principal función foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo ás reunións as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucións.


Entón preguntámonos: Qué significa deixar gobernar?

  • Significa que cando vemos que se pagan facturas por traballos sen rematar, temos que calar e deixarlles facer?
  • Significa que cando vemos que se vulneran os dereitos dalgún veciño ou veciña, temos que calar e deixarlles facer?
  • Significa que cando vemos que se aumentan as retribucións dos que mandan, temos que calar e deixarlles facer?

Se isto é así, temos clara a nosa postura. Imos seguir traballando controlando e vixiando ao grupo de goberno, xa que a veciñanza, e sobre todo aqueles veciños e veciñas que nos votaron, merecen o noso compromiso, o noso respecto e temos a responsabilidade de non defraudalos. Por iso, ao inicio da crise do COVID19, deixamos gobernar ao PSOE, pero este limitouse unicamente á beneficencia a través de axudas de emerxencia social, con entrega de alimentos, fotocopias a alumnos para facer as tarefas escolares desde a casa, e pouco máis.

En MOVENEDA parecéronnos medidas necesarias pero insuficientes e así, no mes de maio presentamos ao PSOE unha serie de propostas, dentro das posibilidades do Concello, de axudas a autónomos e pequenas empresas para tratar de que as persoas afectadas pola crise derivada da pandemia puideran sobrelevala millor e poñer un grao de area no mantemento do emprego. Entre elas:

  • Acabar coa fenda dixital: dotando de internet e equipos para o nosos estudantado
  • Exención ou rebaixa dos impostos municipais deste ano 2020.Subvencións directas para os casos en que a actividade desenvolta sufrira unha redución grande da facturación

A día de hoxe, no mes de outubro, aínda non temos resposta do grupo de goberno, que parece manterse en cuarentena de costas á realidade social que viven moitos dos veciños e veciñas do concello. E así, mentras vemos cómo noutros concellos próximos, incluso máis pequenos que o noso, xa teñen axudas deste tipo, en Neda estamos á espera de que a Xunta ou a Deputación establezan algunha liña de axudas, para que despois pareza que son axudas propias do esforzo do concello.

Mentres tanto nós seguiremos co noso traballo de control e de propostas. É posible que non actuemos como fan os partidos políticos, que se adaptan ao que saben que vende e que lles da votos aínda que non creen no que fan, pero mentres teñamos representación no Concello, seguiremos a traballar.

Está eiquí: Home MOVENEDA Moveneda Propostas, denuncias e comunicados dos veciños Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión