O goberno de Neda prefire defender a ABANCA e nos os veciños
- Detalles
- Categoría: Propostas, denuncias e comunicados dos veciños
- Publicado o 15 Agosto 2020
- Visto: 317
votando, xunta co PP, en contra da moción presentada por Moveneda en relación ás comisións abusivas que ABANCA cargou nas contas dos veciños.
Non é primeira vez que o goberno de Angel Alvariño actua deste xeito. Basta recordar o caso da avaría de teléfono do ano 2017, que afectou a 200 familias do municipio. Daquela, o goberno municipal, primeiro dixo que non podia facer nada. Logo, cando os veciños nos organizamos para esixir os nosos dereitos, pasou a adoptar unha falsa actitude de intermediario con MOVISTAR no lugar de apoiar as mais que xustas reclamacións da veciñanza. Agardamos que, tal como acontecera coa reclamación do servizo telefónico, desta vez se volva facer xustiza.
Moitos clientes de ABANCA xa están a reclamar de xeito exitoso a devolución das comisións. Para iso hai que presentar na oficina do banco o modelo de reclamación que podes descargar eiquí
Se tedes algunha dificultade o precisades axuda o calquera aclaración, contactade con nos por correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono de MOVENEDA: 634 521 622