Inicio de curso sen medios e sen preparacion
- Detalles
- Categoría: Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes
- Publicado o 10 Septiembre 2020
- Visto: 165
Este primeiro día de clases, pais, nais, profesores e alumnado evidenciaron a imposibilidade física de cumplir as normas de seguridade dictadas pola Xunta de Galicia e a súa Conselleria de Educación. As normas son necesarias pero moito máis é dotar ós colexios e institutos de profesores e medios.
O que tamén se evidenciou foi a pasividade e falta de previsión da concelleira de educación e do resto do goberno municipal de Neda, que foi incapaz de por en marcha o Consello Escolar Municipal, como lle reclama MOVENEDA dende hai meses. O Consello Escolar Municipal é un órgano composto por xente de moitos ámbitos que, pola súa diversidade, podería aportar #propostas e #solucións e que ten moita máis forza para reclamar medidas ante a Xunta que unha foto nas redes sociais do concello.
Goberno central, Xunta de Galicia e o Concello de Neda tiveron seis meses para preparar unha volta as aulas ben planificada e con medios. Ninguén cumpliu coas súas obligacións.