Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Moveneda e Somos Cabanas súmanse ó novo Consello de Forzas Locais

O novo municipalismo galego está en marcha, unha trintena de colectivos municipalistas de toda Galicia veñen de crear unha nova organización cooperativa para facer fronte a novos retos, no que xa se denomina a Declaración de Touro. Na comarca de Ferrolterra intégranse as agrupacións de Moveneda e Somos Cabanas, que terán cadanseu posto no novo consello de forzas locais. A organización está aberta a novas adhesións.

 

As forzas municipais entenden que a pluralidade do electorado galego vai seguir representada nos concellos e será a base do cambio político que reverta o desmantelamento dos sectores produtivos e a precarización laboral e económica, que traerá máis privatizacións e recortes dos sectores públicos, especialmente na sanidade, na educación e na acción social. Así, as forzas reunidas van sumar esforzos para facer fronte á crise no ámbito político e social e darlles resposta aos diferentes problemas locais e globais en entidades supramunicipais.

A vontade de colaboración concrétase nunha confederación municipalista republicana galega, unha cooperativa onde por unha banda se comparten coñecementos e solucións aos diversos problemas do ámbito local no seu día a día e, por outra, se resolverán respostas conxuntas aos retos locais que requiran solución noutras administracións.
En definitiva, a Declaración de Touro recolle as bases para xuntar esforzos e cumprir cos compromisos acadados coa veciñanza en cada concello.

Está eiquí: Home O noso ideario Moveneda e Somos Cabanas súmanse ó novo Consello de Forzas Locais