MOVENEDA PROPÓN UN PLAN DE REACTIVACION E RESCATE SOCIAL URXENTE
- Detalles
- Categoría: Propostas, denuncias e comunicados dos veciños
- Publicado o 18 Mayo 2020
- Visto: 295
Esta pendente a aprobación do Orzamento 2020 para este ano. Sen non se reforma, non vai ser válido para afrontar a realidade. Estamos nunha situación excepcional que require de medidas excepcionais. Isto fai necesario modificar o orzamento para ter recursos. Segundo o goberno municipal, están as contas #saneadas, polo tanto, entendemos que non hai impedimento algún para mudar os criterios de investimentos e gastos. É o momento do RESCATE SOCIAL de veciños, autónomos e empresas. O concello pode e debe dar resposta á emerxencia social e económica que estamos a vivir.
Dende MOVENEDA propoñemos un primeiro plan, que ciframos nuns 200.000 euros.
- Liberación inmediata de 35.000€, reducindo a partida das retribucións dos membos do goberno municipal, anulando a suba do 25% aprobada no ano pasado.
- BONOS DE EMERXENCIA (de ata 200€/mes), para compras en alimentación, medicamentos, alugueiro/hipoteca de vivenda habitual, pago de recibos de electricidade e gas.... a persoas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos.
- Acabar co FENDA DIXITAL, mediante BONOS para cubrir os gastos derivados da cota de internet e dotando de EQUIPOS INFORMATICOS ós alumnado de familias con ingresos reducidos.
- Servizo municipal de ASESORAMENTO individualizado á veciñanza para tramitar outras axudas complementarias doutras administracións (autónomos, parados, empregados/as do fogar, ERTE s ´ ...)
- Medidas de apoio á agricultura, gandería, pesca e marisqueo, como crear canles para que os productores locais achegen o seu productos o consumidor. Elaborar unha listaxe dos produtores locais que se queiran participar nesta iniciativa e darlle publicidade mediante un bando informativo e a páxina web do concello.
- REDUCIR o IBI das explotacións gandeiras/agrícolas nun 95%.
- Exención ou rebaixa dos impostos municipais deste ano, e se a situación se mantén, do ano 2021, para aquelas persoas e empresas que viran reducidos considerablemente os seus ingresos económicos.
- SUBVENCIÓNS DIRECTAS 1.050€ cando a actividade se reducira nun 75% e 525€ para os que sufriron reduccion entre o 50% e ó 75%.
- APOIO á HOSTELERÍA e o COMERCIO: BONIFICACIÓN do 100% do IBI do establecemento, se é en propiedade ou ós arrendadoress de locais comerciais que condonasen o alugueiro.
- Bonificación da taxa do LIXO.
- Habilitar ASESORAMENTO especializado para tramitar outras axudas provinciais, autonomicas ou estatais que se poidan habilitar de aquí en diante.
MOVENEDA ven de rexistrar no concello a proposta para discutila coas demais forzas politicas e levala ó vindeiro Pleno do Concello de Neda