Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

MANIFESTO POLITICO 2019 – CONSTRUIR FUTURO

QUEN SOMOS?

MOVENEDA é unha agrupacion de veciños comúns que promove a participación democrática, directa e asamblearia. Nos organizamos libre e independentemente. Non estamos sometidos a disciplina nin obediencia a partidos. Non temos presións de bancos, empresas ou outros intereses inconfesables. Só rendemos contas ante os demais veciños de Neda.

MOVENEDA recolle o testigo da Agrupacion Democratica Independente, aquela primeira candidatura electoral, que no ano 1979 e despois de 40 anos de dictadura, tivo a valentía de reivindicar e recuperar a participacion democratica de todos no Concello.

Pensamos que os veciños podemos e debemos participar de xeito directo e consciente nas decisions de goberno e no futuro de Neda. Ese é o noso proposito principal: fomentar a información e a implicación de todos na xestión do concello. Porque Neda é da xente.

POR QUÉ MOVENEDA?

En 2015 víñamos de oito años escuros. O nivel era moi baixo, con unha xestion desastrosa e moitas carencias democráticas. A oposicion tampouco era millor porque non fixo un control axeitado do goberno. Pensabamos que un cámbio de persoas e de estilo na corporación ía traer unha radical millora no concello. Pero nos equivocamos.

O goberno do pacto Tripartito fixo o mesmo de sempre: andar os biosbardos os tres primeiros anos, botar balons fora e, de repente, ruxe-ruxe de obras e de actividade. Febre de publicidade e autobombo meses antes das eleccions. É a vella e eficaz formula do caciqueo galego. E o fan porque que funciona. Porque temos a memoria moi curta. Porque con tal de ter algo, nos contentamos con pouco.

 

QUE FIXEMOS?

Traballamos por e para todos. Fixemos unha oposicion constructiva, presentando sempre propostas alternativas. Ofrecimos ideas para ser discutidas, milloradas e acordadas. Evitamos esa actitude partidista que entende a politica como un enfrontamento onde hai que gañar e impoñer a opinion propia a toda costa. Nos non funcionamos asi.

Tentamos corrixir o que pensabamos que non era bon ou non suficientemente bon. Porque non nos vale con facer cousiñas deslabazadas eiqui e acolá: queremos o millor e o queremos ben feito.

QUE QUEREMOS? TI QUE QUERES?

A lei obriga ós concellos a manter uns servizos. E a xestion do día a dia: asfaltar, poñer un punto de luz, manter todo en funcionamento e ir millorando. Esa é a tarefa minima dun goberno. Fachendar do minimo so o pode facer que ten un concepto mediocre da politica e de como debe ser un concello como Neda. Gobernar é traballar polo futuro, por un fogar grande e en comun. Por un concello do que os nosos fillos non teñan que marchar; onde a xente queira vir a residir e todos atopen o necesario para vivir e desfrutar da vida.

Se revisamos o programa electoral da Agrupacion Democratica Independente de 1979 vemos que despois de tantos anos ainda segue a ser necesario un reparto moito máis equitativo dos recursos entre o núcleo urbano e as parroquias.

Alguen dubida da necesidade dunha planificacion a 7, 15 ou 25 anos? Enton, por que todavia non existe tal proxecto integral? En determinados asuntos de calado, como a despoboacion, a vivenda, os servizos publicos, ou o PXOUM é preciso chegar a acordos xenerosos e responsables. Entre todos. Veciños e forzas politicas debemos comprometernos para que, goberne quen goberne, se leven a cabo estes proxectos a medio e longo prazo.

Porque gobernar e traballar polo interese xeral. Gobernar é resolver os problemas de todos, non os dos poucos. Por iso nos apostamos pola igualdade de oportunidades no acceso ás axudas, ós postos de traballo e ós contratos que xera o concello. E necesario que os veciños comuns, sen intereses partidistas ou persoais, teñamos presenza reforzada na corporacion. Debemos ter capacidade para gobernar, influir e ser parte activa das decisions

E para iso é necesario un Concello coas portas abertas. A todos, veñan de onde veñan, vivan onde vivan, opinen o que opinen e votasen a quen votasen. Porque os veciños non nos merecemos que nos mintan nin nos tomen por tontos. Calquera que sexa a responsabilidade que se nos encomende, goberno ou oposicion, seguiremos propoñendo alternativas, fomentando o debate e o acordo, a informacion e a participacion, a honestidade e a transparencia. Para que Neda se mova cara o futuro.

Por iso, te convidámos a que deas un paso adiante e participedes connosco no cambio e na construcción do futuro que merecemos todos.

Ti como queres que sexa o teu concello?

Está eiquí: Home MOVENEDA O noso ideario Manifesto político 2019