Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O Concello de Neda consegue anular un crédito tóxico da época de Cabezón

Non podemos mais que alegrarnos de que os veciños, representados polo Concello de Neda, veñamos de virarlle o pulso ao BBVA España tras unha sentencia que recoñece que un crédito contiña unha cláusula abusiva pola que se nos cobraba un recargo do 25% se amortizabamos anticipadamente.

Pero detrás desta gran vitoria hai detalles que todos deberiamos coñecer:
- Este crédito tóxico foi asinado sendo alcalde Ignacio Cabezón.
- No pleno do luns, Cabezón evitou facer autocrítica e tivo a desfachatez de descargar a responsabilidade nos funcionarios do concello.
- Debemos lembrar que en aquel momento, Angel Alvariño estaba na oposición e hai dúas posibilidades: ou fixo deixadez na súa laboura de control e non se enterou de nada; ou o sabía e calou a boca.
- En 2015, Moveneda - Movemento Veciñal Neda esiximos unha auditoría de contas para buscar este tipo de cousas. O PSOE Neda e o BNG Neda dixeron que non facía falta. A veciñanza xulgaredes se de verdade facía falta revisar ben as contas que deixou o PP ou non.
- O alcalde Alvariño recoñeceu no pleno do luns que o pago do crédito vai reducir a capacidade de inversión do concello para este ano en 235.000€, a cantidade que hai que aboar para cancelar o crédito. Outro regalo envenenado que nos deixaron os gobernos de Cabezón.

Está eiquí: Home MOVENEDA O Concello de Neda consegue anular un crédito tóxico da época de Cabezón