Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

RESULTADO DO PROCESO INTERNO DE PRIMARIAS DE MOVENEDA

Celebramos esta pasada fin de semana, o noso proceso de eleccións #primarias para elaborar a candidatura electoral para as municipais de Maio. Poidose votar en dous turnos habilitados de maña e tarde. Participaron medio cento de veciños e veciñas, entre eles compre salientar o voto de varios menores de 18 anos, xa que abrimos ós mozos e mozas de máis de 16 anos a participación neste proceso interno.

Os resultados aproban o traballo feito na pasada lexislatura xa que ratifican a Juan Carlos Pita, como candidato á alcaldia, logo de exercer como voceiro do grupo municipal estes ultimos tres anos.

O proceso, con sistema de listas abertas, situou no número dous da lista ao outro concelleiro do grupo municipal #CarlosCaaveiro. Victoria Rodriguez, Álvaro Seco e Ángeles Sánchez ocuparán os postos do tres ó cinco. O resto da lista para as municipais se reconfigura e reforza con novas incorporacións ao equipo como Maria Teresa Pérez Grueiro, Neiva Tristao, Patricia Castro e Raquel Barro.

RECOLLIDA DE AVAIS

Dende xa nos poñenos a traballar na organización da recollida de avais, xa que ó non sermos un partido, a Lei Electoral vixente penaliza a participación política directa dos veciños e esixe, ao igual que hai 4 anos, a recollida de cen sinaturas como aval para a presentación da candidatura.

Esta recollida de sinaturas probablemente terá lugar a vindeira semana. Das data concretas vos manteremos informados, xa que esperamos contar coas vosas sinaturas para concluir o proceso de formación da candidatura.

Está eiquí: Home MOVENEDA Moveneda RESULTADO DO PROCESO INTERNO DE PRIMARIAS DE MOVENEDA