Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA TELEFÓNICA EN NEDA

Nestes pasados días, a Oficina de Consumo de Ferrol empezou a notificar as resolucións ás 20 persoas que decidiron chegar ate ó final do proceso de reclamación pola avería telefónica sufrida en maio de 2017.

Polo momento temos constancia de 3 notificacións favorables, que obrigan ás compañias a pagar. Nalgún caso a indenmización pasou dos 29 € inicialmente abonados pola empresa, ata 159 €. As outras dúas cantidades varían entre os 56 e 140 €.

Agardamos que en vindeiras datas se reciban o resto das notificacions no mesmo senso.

Temos que agradecer os compañeiros de ACOUGA Consumidores E Usuarios, polo grande apoio e consellos que diron ós veciños de Neda neste caso. Grazas!

Está eiquí: Home MOVENEDA Moveneda Propostas, denuncias e comunicados dos veciños RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA TELEFÓNICA EN NEDA