Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Pleno Extraordinario, o vindeiro luns 29 de abril

Mañá luns dia 29 ás 12:00 terá lugar o Pleno Extraordinario do Concello de Neda na que se procederá ao sorteo das mesas electorais para as eleccións municipais de maio.
Así mesmo vaise tratar a modificación de crédito necesaria para proceder á cancelación do "crédito estrela" de 580.000€ asinado na época de Ignacio Cabezón e que un xulgado acaba de anular que legalmente se coñece por "error vicio", pero que básicamente é un producto bancario  tóxico similar ás "preferentes", desgrazadamente moi coñecidas por moitas persoas.

Está eiquí: Home Plenos Pleno Extraordinario, o vindeiro luns 29 de abril