Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

PlenoExtraordinario do Concello de Neda celebrado o pasado lúns 2019-04-29.

 Este Pleno tivo dous puntos da orde do día: Unha Modificación de Crédito e o sorteo das mesas electoráis para a xornada de votación das vindeiras Municipais2019.

A Modificacion de Credito a propuxo o Goberno Municipal porque o Concello de Neda ven de gañar un xuicio contra o BBVA España por mor dun credito que firmou o anterior alcalde Ignacio Cabezón, e que contiña unha cláusula tóxica, polo que se pagaba un recargo do 25% en caso de amortizacion anticipada.
No pleno, o Partido Popular de Neda e o seu candidato Ignacio Cabezon foi incapaz de asumir o erro e as responsabilidades por ter asinado este credito lesivo para o concello e botoulle as culpas os tecnicos e funcionarios municipais.

A preguntas de MOVENEDA (Minuto 1:40 https://youtu.be/h7mTcmRUUY0?t=578), Angel Alvariño recoñeceu que o pago inmediato de 235.000€ do credito vai disminuir a capacidade de inversion do concello para este ano. Outro regalo envenado do pp ao Concello de Neda.

O segundo punto foi o sorteo dos compoñentes das mesas electorais para as vin deiras eleccions municipais. Pódese ver a partires do minuto 9:40 (https://youtu.be/h7mTcmRUUY0?t=578)

O video esta cortado, suprimindo os tempos de espera mentres se producia o sorteo das mesas nas dependencias dos funcionarios.

Está eiquí: Home Plenos PlenoExtraordinario do Concello de Neda celebrado o pasado lúns 2019-04-29.