Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Se queres que MOVENEDA estea nas elección, necesitamos o teu aval

Como xa sabedes, #MOVENEDA querémonos presentar ás eleccións municipais no Concello de Neda.
Ós partidos políticos non lles gusta que @s veciñ@s nos organicemos e participemos en política directamente, sen contar con eles. Por iso poñen todas as trabas legais posibles. Nós non somos un partido, somos veciños e veciñas comúns, coma ti, e por iso necesitamos que un mínimo de 100 veciñ@s asinen un aval.

Isto non supón ningún compromiso... só expresar a vontade de que #MOVENEDA poida presentarse ás eleccións. Evidentemente cada un pode votar o que desexe o día das eleccións.

A recollida de sinaturas é na Casa do Concello desde hoxe (3 de abril) ata o mércores (10 de abril), en horario de 9:00 a 14:30 (os sábados e domingos non). É imprescindible levar o DNI. Poden asinar os maiores de idade que estean #empadroados en #Neda.

Agradeceríavos que fixerades o esforzo e fórades a asinar.

Se tedes dúbidas, chamadenos ó tlfno 634 521 622.

Está eiquí: Home Comunicados Oficiais Se queres que MOVENEDA estea nas elección, necesitamos o teu aval