Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA #TELEFÓNICA EN NEDA

Nestes pasados días, a Oficina de Consumo de Ferrol empezou a notificar as resolucións ás 20 persoas que decidiron chegar ate ó final do proceso de reclamación pola avería telefónica sufrida en maio de 2017.

Polo momento temos constancia de 3 notificacións favorables, que obrigan ás compañias a pagar. Nalgún caso a indenmización pasou dos 29 € inicialmente abonados pola empresa, ata 159 €. As outras dúas cantidades varían entre os 56 e 140 €.

Agardamos que en vindeiras datas se reciban o resto das notificacions no mesmo senso.

Temos que agradecer os compañeiros de ACOUGA Consumidores E Usuarios, polo grande apoio e consellos que diron ós veciños de Neda neste caso. Grazas!

Está eiquí: Home Comunicados Oficiais RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA #TELEFÓNICA EN NEDA