Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario

Ter fillos escolarizados nalgún centro público de Neda, cunha renda per cápita mensual inferior aos 400 euros e levar empadroado no municipio polo menos seis meses son os principais requisitos para que as familias locais poidan acceder ás axudas convocadas polo Concello para a adquisición de libros de texto e material didáctico.

A administración local habilitou este ano unha partida de 4.000 euros para a concesión dunhas axudas que se poden tramitar ata o día 22 de outubro no rexistro xeral do Concello. Os solicitantes, ademais de cumprimentar o modelo de solicitudes, están obrigados a presentar fotocopias compulsadas do DNI e do Libro de Familia, así como certificados de empadroamento e do centro docente no que estea escolarizado o alumno. Tamén xustificantes de ingresos económicos da unidade familiar e unha fotocopia da última declaración da renda, entre outros documentos de tipo económico.

O Concello tamén financia con 2.000 euros o transporte a alumnos matriculados en centros universitarios ou equivalentes, en ciclos formativos da FP, bacharelato ou outros cursos de formación ocupacional que habiliten para o desempeño dunha profesión ou oficio.

O día 22 do presente mes é a data límite para presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello, cuxo horario de atención ao público é de 9.00 a 14.00 horas. A contía das axudas variará en función da renda per cápita e poderá chegar ao 90% no caso de que sexa inferior aos 200 euros. Ademais do certificado de empadroamento e dos documentos oficiais, os solicitantes tamén deben estar ao corrente no pago de tributos municipais.

Está eiquí: Home Servizos sociais, solidariedade e dependencia Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario