Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018

Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.

Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocións para o seu debate e votación no mesmo dun xeito antidemocrático, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decisión. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".

Tratábase dun pleno ordinario, as mocións presentaronse como no resto da lexislatura antes da comisión previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG só pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participación e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.



Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacións dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacións anexas.
Minuto 3:00

Tamen se aprobou licitar o expediente para a contratacion dos Servizo de Axuda no Fogar
Minuto 11:20

Se procedeu a ler unha Declaracion Institucional de apoio os Afectados por Motorkar y Opel.
Minuto 19:25

Os propios Afectados leron unha carta ao pleno.
Minuto 20:55

Xa no turno de Rogos e Preguntas, os concelleiros de #MOVENEDA protestaron polo veto as nosas mocions.

Minuto 26:00 -

Minuto 29.00 -

Membros da Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra leron un comunicado de protesta polo veto a súa mocion, que provocou o abandono do pleno por parte dos concelleiros do Partido Popular.
Minuto 48:00 

Fuxida do PP:
Minuto 50:32 

Veciños de Trasmonte protestaron ó alcalde Angel Alvariño polo estado dos camiños na súa parroquia e pediron explicacións de porque no se incluiron prioritariamente no plan de asfaltado.
Minuto 56:00

Está eiquí: Home Plenos O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018