Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Intolerable ataque ó funcionamento democrático do concello

Ante o intolerable ataque ao funcionamento democratico do Concello, Moveneda impugna a convocatoria do pleno de xullo.

Moveneda impugnou a convocatoria do pleno ordinario de xullo debido a que os partidos que forman o goberno: PSOE, BNG e CG, en complicidade do PP, tratan de impedir que se presenten e voten no pleno tres mocións presentadas por Moveneda. A primeira, relativa a inclusión de cláusulas sociais, éticas, merdioambientais e lingüísticas nos procesos de contratación do Concello. A segunda moción pide o apoio ós afectados pola presunta estafa de #OpelMotorkar ós seus clientes, e a terceira, de apoio ás pensións públicas impulsada pola Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra.

 

Por vez primeira nesta lexislatura, trátase de impedir a participación política dos veciños e das súas organizacións nos asuntos do concello. Atopamos de especial gravidade que o principal impulsor desta manobra tan antidemocrática sexa o Alcalde Angel Alvariño do PSOE.

Estes feitos enmarcanse nunha estratexia de crecente cerco e torpedeo a lexitima acción política de Moveneda como grupo de oposición. 

Este goberno tripartito xa ten abertos dous expedientes no Valedor do Pobo pola contumaz negativa a entregar información e documentación solicitada. A isto engadese a non celebración das pertinentes Comisións Informativas dende hai moitos meses e agora, a última manobra e impedir a presentación de mocións.

Hai que ter en conta as dúcias de casos noutros concellos nos que o PSOE e o BNG protagonizaron airadas protestas cando gobernos do PP lles impiden presentar mocións nos plenos. Atopamos especialmente hipócrita que intenten aplicar agora a Moveneda o que non lles gusta para eles.

Dende Moveneda defenderemos por todas as vías o noso alcance o dereito democrático que temos os veciños a participar na vida política do concello, especialmente no Pleno.

Moveneda quere convidar a toda a veciñanza a acudir como publico a este e outros plenos, para ser testigos de primeira man de como se xestionan realmente os asuntos de todos e a notable diferenza que existe entre a realidade e a propaganda oficial emitida polo concello.

Está eiquí: Home Comunicados Oficiais Intolerable ataque ó funcionamento democrático do concello