Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

20 de Maio: Dia Mundial das Abellas

Neste 20 de maio celebrase o Dia Mundial das #Abellas. Para crear conciencia sobor da importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ó desenrolo sostenible. A polinización das flores é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, unhas das principais encargadas desta misión, están a desaparecer. Un 75% dos alimentos que consumimos dependen da polinización. Un 37% das poboacións de abellas en Europa están en declive.

As abellas son moito máis importantes do que pensamos. A produción de alimentos a nivel mundial e a biodiversidade terrestre dependen en gran medida da polinización, un proceso natural que permite que se fecunden as flores e dean así froitos e sementes. As abellas, xunto a outros insectos como bolboretas e abellóns, son unhas das grandes responsábeis deste proceso e, porén, as súas poboacións están diminuíndo a pasos de xigante.

Entre os factores que ameazan os polinizadores están:

* A perda e deterioro de hábitats.
* As prácticas da agricultura industrializada, como os monocultivos (menor dispoñibilidade e diversidade de alimento para estes insectos) e o uso de praguicidas.
* Parasitos e enfermidades.
* Especies vexetais e animais invasoras.
* O cambio clinatico.

Calculouse que o valor económico da labor de polinización das abellas para a agricultura é duns 265.000 millóns de euros anuais en todo o mundo, 22.000 millóns para Europa e máis de 2.400 millóns de euros para España, recentemente calculado por Greenpeace no seu informe “Alimentos bajo amenaza”. Así pois, mesmo dende un punto de vista puramente económico, paga a pena protexer as abellas.

As cifras do problema que sofren os polinizadores son contundentes. O informe da Plataforma Intergobernamental sobre Biodiversidade e Servizos dos Ecosistemas (IPBES, polas súas siglas en inglés) advirte de que o 40 % dos polinizadores invertebrados, en particular abellas e bolboretas, enfróntanse coa extinción. Dinos ademais que en Europa o 37 % das poboacións de abellas están a diminuír, un claro exemplo de que o modelo agroalimentario predominante está a levarnos a unha rúa sen saída.

Unha esmagadora evidencia científica vén amosando que unha familia moi concreta de praguicidas, os neonicotinoides, representa unha seria ameaza para as abellas e moitas outras especies. Tres insecticidas desta familia foron restrinxidos na UE en 2013, pero deben ser totalmente prohibidos, igual que moitos outros igualmente perigosos.

A solución a curto prazo pasa por prohibir os produtos actualmente en uso que son tóxicos para as abellas e facer que a avaliación de riscos dos praguicidas sexa moito máis estrita. Por outro lado, cómpre pór en marcha plans integrais de acción para salvar as abellas. E a solución definitiva é a adopción da agricultura ecolóxica como única vía para unha produción respectuosa con todos os habitantes do planeta.

A agricultura ecolóxica garante unha produción sa e sostíbel, xa que protexe o solo, a auga e o clima, promove a biodiversidade, non contamina o medio ambiente con agroquímicos nin transxénicos e respecta a saúde das persoas.

Este cambio poden inicialo os políticos, apostando por un modelo de agricultura ecolóxica e lexislando en consonancia; os agricultores, cambiando as súas prácticas de cultivo, e as empresas, desenvolvendo liñas de produtos e técnicas ecolóxicas. E, por suposto, tamén persoas coma ti, demandando e consumindo produtos ecolóxicos e locais.

#DiaMundialDasAbellas

Está eiquí: Home Comunicados Oficiais 20 de Maio: Dia Mundial das Abellas