Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Charla coloquio: por outro modelo (de consumo) enerxético

Hai varios meses no pleno de Neda aprobamos unha moción pola cal o Concello se comprometía a diversificar os seus proveedores enerxéticos e sobre todo, que esta electricidade tivese orixe 100% renovable.

Nesta liña, este vindeiro xoves as 19:00 horas vos convidamos a participar nunha charla debate que terá por tema xeral os modelos enerxéticos alternativos, baseados na conciencia ecolóxica, na colaboración social, o control democrático dos recursos naturais e tamén cun pé no país, 100% galegos.

Os compañeiros da cooperativa galega Nosa Enerxía estaran na Casa Das Palmeiras e nos explicaran, entre outras cousas, os conceptos que atopamos nas nosas facturas eléctricas (traede a vosa!!), qué pagamos, de onde sae a enerxía, cómo se tarifa, quén e cómo se fixan os prezos, etc.

Será tamén a presentación da cooperativa no concello e vos poderedes informar do seu funcionamento, tarifas, obxetivos e os proxectos que esta a impulsar.

Está eiquí: Home Asembleas abertas Charla coloquio: por outro modelo (de consumo) enerxético