Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade

Este e o resumo do que se tratou na pasada Comisión Informativa de Servizos Sociais, 3ª Idade e Igualdade realizada o día 17/11/2017 coa asistencia de todos os integrantes da comisión e coa presencia da Traballadora Social.

Informes e propostas da Presidenta, Ana Rosa Pena:

ESCOLA INFANTIL

- Neste momento hai 18 nenos matriculados.
- A Xunta aínda non fixo a inspección final tras a apertura, polo que as posibles modificacións nas instalacións aínda seguen á espera desta inspección.
- A Xunta segue sen asinar o convenio para a dotación do material da escola (+/- 18.000 €) que polo momento foi asumido polo Concello. De este equipamento pagouse unha factura pendente da antiga librería Galicia (1.286,33 €).

Cheques-agasallo Nadal:

- En 2016 o importe por neno foi de 75 € ; en 2017 ampliarase a 100 €.
- A antiga librería Galicia pasou ao cobro a factura de 750 € do Nadal anterior.

 

Entrega alimentos - CruzVermella

- A Cruz Vermella entregou 2.771 kg que se repartirán o día 04/12. O día 20/12 farase un reparto extraordinario con produtos típicos de Nadal e algún produto fresco.

Atención a domicilio

- Segue a aumentar o número de persoas que se está a atender na modalidade de dependencia chegando a 85 en outubro, e 60 en atención básica. Neste momento non hai ninguén xa valorado pola Xunta en espera para que se lle poidan asignar horas, pero si que hai unhas cantas solicitudes en espera de baremación pola Xunta.

Excursións:

- Cantabria. Realizada sen incidencias.
- Portugal (Visita á Fortaleza). Será o día 13/12/2017, e as inscricións serán ata o 7 de decembro.

Banco alimentos

- Houbo unha solicitude de sinatura de convenio co Banco de Alimentos Rias Altas (BALRIAL) que se sustenta polas donacións de particulares e diversas empresas e entidades. Estase a estudar a posibilidade de asinalo, sempre e cando sexa compatible con poder manter a relación co de Cruz Vermella. Explican que segundo o que lles transmiten desde BALRIAL sí que é compatible; senón o fora seguirase co de Cruz Vermella

Andaina solidaria para a loita contra o cancro.

- Recadación de 4.905 € donados íntegramente.
- O Concello asumíu os custes da infaestrutura necesaria: escenario 180 €, dorsais 262,50 €, seguro RC uns 450 € e mochilas uns 970 €. Os carteis non tiveron custo para o Concelllo.
- Agradecemento a Dani Ríos xa que non cobrou pola súa actuación.

Solicitudes para axudas por nacemento de fillos, familias numerosas, podoloxía e fisioterapia

- Houbo unha cantidade “masiva” tanto de solicitudes por nacemento como de información de podoloxía e fisioterapia.
- Este ano houbo 19 nacementos. Se reflexa en actas de XG 8 solicitudes, 5 favorables e 3 desfavorables (solicitadas fóra de prazo, que remata ao cumplir os 3 meses de idade).

Magosto 3ª idade

Castañas 114 €
Gastos asado castañas: 314,05 €
Música: 180 €
Bebidas: +/- 100 €

Reunión co Conselleiro de Servizos Sociais.

- Asistiron o Alcalde e a Concelleira de Serv. Sociais. Solicitouse a axilización da Inspección final Escola Infantil. Por parte da Xunta foi solicitada nova documentación.
- Petición do Concello para a instalación dun Centro de Día para maiores debido ao avellentamento da poboación. A construción sería asumida pola Xunta, neste momento está en fase de estudo de viabilidade. O concello propón que sexa ao lado do Centro Cívico no antigo parvulario, demolendo o actual edificio polas malas condicións nas que se atopa e construíndo un novo.
- Debido ao avellentamento da poboación, fíxose a petición de aumento de horas para atención a persoas dependentes, así como a axilización das resolucións das baremacións dos graos de dependencia por parte da Xunta, para que unha vez baremadas se lles poida asignar horas de atención a estas persoas. A resposta de Rey Varela foi que xa se foron ampliando estas horas concedidas durante estes anos, estando Neda ao nivel de concellos de máis poboación.

Programa “Xantar na casa”:

- Estase a estudar a posibilidade de sumarse ao programa. Están mirando cantas persoas poderían estar interesadas.

Programa de aluguer de vivendas baleiras da Xunta.

- Non parece viable sumarse, xa que é para vivendas en propiedade da administración. Neste momento o Concello podería aportar unha que lle cederían. Se está a barallar unha opción de que o concello cree unha bolsa municipal de vivendas de propietarios privados e faga de mediador entre estes e as peroas arrendadores, tratando de establecer prezos razoables e estudar bonificacións en impostos que sexan legalmente factibles.

Curso “Ti serves, tí decides”.

- Dirixido a profesionais da hostalería, para formalos en como afrontar situacións problemáticas con clientes á hora de decidir non seguir servindo bebidas en determinadas situacións.

Campaña violencia en negro.

- Esta campaña foi asinada este pasado mércores día 15/11/2017. Este ano sumáronse 3 deputacións e 71 concellos. As deputacións asumen os gastos dos carteis, camisetas e pegatinas. O Concello asume a organización e custo do resto de actos (andaina, teatro, coloquios, manifesto). O custe da pancarta do balcón é de 200 €.
- Á pregunta da representante do PP se están abertos a colaboración do resto de grupos para facer un manifesto en conxunto a presidenta di que sí e que mandemos aportacións.

Conversa cos responsables de telefónica.

- A Concelleira explica que mantivo unha conversa cunha persoa das responsables de Telefónica polo tema da avaría sofrida no mes de xuño “a fin de comprobar el cumplimiento de lo comprometido por la empresa sobre devolución de cuota por los días que los usuarios han estado sin servicio y modernización en cuanto al despliegue de fibra”. A resposta desta persoa foi que “cumpliendo su compromiso efectúan el descuento o devolución de parte de la cuota”.
- Desde o Concello tamén se solicitou a retirada de varios postes do tendido que causan barreiras arquitectónicas.
- A contesntación deste responsable de Telefónica é que lle envíe a situación destes postes e tratará de que se proceda en breve á retirada.
- En canto ao desplegue da rede de fibra óptica se marca a data do ano 2020 e que chegaría a 2269 vivendas, tendo na actualidade este servizo unhas 170 vivendas, incluso a aqueles lugares onde non chegara a fibra tratarían de dar este servizo por medio de conexión inalámbrica de alta velocidade.

Con respecto a esta conversa con Telefónica a posición de MOVENEDA é que non nos parece de recibo que agora o Concello se erixa en mediador cando de primeiras a súa resposta foi que non era asunto seu, e por riba acepte de bo grado que as empresas indemnicen ás persoas afectadas cunha cantidade establecida por elas mesmas de xeito unilateral, cantidades ademáis que nós temos constatado que son inferiores ás cantidades reclamadas na segunda fase do procedemento, e que son as establecidas no artigo 15 do RD 899/2009, de 22 de maio, polo que se aproba a carta de dereitos dos usuarios de comunicacións electrónicas:
“Art. 15. Dereito a indemnización pola interrupción temporal do servizo telefónico dispoñible ao público.
Cando, durante un periodo de facturación, un abonado sufra interrupcións temporais do servizo telefónico dispoñible ao público o operador deberá indemnizar cunha cantidade que será, cando menos, igual á maior das dúas seguintes:
a) A media do importe facturado por todos os servizos interrompidos durante os tres meses anteriores á interrupción, rateado polo tempo que durase a interrupción. En caso dunha antigüidade inferior a tres meses, considerarase o importe da factua media nas mensualidadess completas efectuadas ou a que se obtivese nunha mensulaidade estimada de forma proporcional ao período de consumo efectivo realizado.
b) Cinco veces a cota mensual de abono ou equivalente vixente no momento da interrupción, rateado polo tempo de duración desta.”

Rogos e preguntas.

- PP (Carmen Insua): Algunha intervención feita durante as explicacións da Presidenta da comisión.

- MOVENEDA: (Juan Carlos Pita)

1. Campaña En negro contra as violencias de xénero.
O ano pasado foi unha iniciativa dun grupo de concellos e o Concello de Neda non se sumou. Desde MOVENEDA tratamos de darlle visibilidade. Este ano vemos que o Concello si que se suma a esta campaña institucional da Deputación, pero nun acto institucional coma este non conta para nada co resto de grupos á hora de aportar ideas e propostas, e lle guste máis ou menos ao grupo de goberno, nós tamén somos parte da Institución.
Queremos saber cando e cómo se acordou o reparto de materiais e se se fixo algún tipo de comunicación aos establecementos e veciñanza para que se sumaran a esta campaña. Cándo e quen fixo este reparto?
— Resposta: Sempre se admiten aportacións de todo o mundo. Se fixo o reparto entre a Coordinadora Cultural e algúns membros do Grupo de Goberno. Moitos establecementos non quixeron participar.

2. Houbo durante este ano algún corte de luz a veciñ@s do Concello ou comunicación dalgunha empresa de suministro eléctrico de corte por impago? Pagaronse recibos a veciñ@s? Importe?
— Resposta: Houbo 1 corte a unha familia, os cales negociaron o pago da débeda en cuotas e o Concello se fará cargo do próximo recibo.

3. Petición de datos económicos á Traballadora Social sobre axudas de emerxencia social e outros tipos concedidas:
- Axudas de #EmerxenciaSocial. Cantidades pagadas durante este ano.
- Axudas para transporte para ir a consultas ou outras actividades subvencionadas
- Número de subvencións concedidas da escola infantil e importe das mesmas.

4. Estudio de #bonificacións ou reducións fiscais. Vaise facer por fin o estudo do impacto orzamentario das presentadas por nós en novembro de 2015?.
— Resposta: Que pasemos de novo o texto coas propostas.

5. Campaña informativa axudas Concello. “Presentación masiva de solicitudes”. Solicitamos que se concrete o número de solicitudes recibidas.
— Resposta: Para fisioterapia e podoloxía houbo moitas persoas que se achegaron a preguntar, pero como agora vai en función dos ingresos e hai que presentar documentación, de momento non hai un número concreto de solicitudes.

- Polo Grupo Mixto (BNG e CG) O concelleiro AntonioS eijo non fixo ningunha pregunta nin presentou propostas.

Está eiquí: Home Serv. sociais, 3ª Idade e Igualdade MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade