Celebrar unha Constitución que non se cumpre?

No Día da Constitución, día no que os mal chamados “partidos constitucionalistas” se enchen a boca de discursos valeiros, imos lembrar os artigos que eles mesmos non cumpren:

Artículo14: Igualdade
“Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social”.

Os indicadores apuntan a que, 39 años despois, a muller segue claramente discriminada respecto do home. A última EPA. Taxa de actividad: homes, 65,04%; mulleres, 53,13%. Taxa de paro: homes 14,80%; mulleres 18,21%. Só o 17% dos membros de consellos de administración das grandes empresas son mulleres. Por riba, outro artigo, o 57, da propia Constitución certigica na sucesión ó trono, que o preferido é “el varón a la mujer”.

Artículo15 - Dereito á vida
"Todos tienen derecho a la vida y a la integridad física y moral, sin que, en ningún caso, puedan ser sometidos a tortura ni a penas o tratos inhumanos o degradantes".

#AmnistíaInternacional denuncia constantemente que en España practícase "a detención de persoas en réxime de incomunicación, os casos de tortura e malos tratos de persoas extranxeiras por parte das forzas de seguridade e a falla de investigacións imparciais e mecanismos efectivos de rendición de contas e reparación ás víctimas cuando se producen estes feitos".

Artigo27. Educación
"Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes".

As universidades españolas perderon dende 2008 máis de 1.240 milloóns de euros nos seus presupostos e os estudiantes viron subir as tasas universitarias. 30.000 universitarios foron expulsados por impago. A aprobación da #LOMCE, unha lei reaccionaria e clasista con tan só o voto do #PartidoPopular e o rexeite da comunidade educativa, é contradictoria tamén con este artigo.

Artículo31 - Sistema tributario
“Todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio".

O coste da #fraude fiscal en España ascende a uns 70.000 millóns de euros ó ano, o redor do 23% do PIB, o que equivale ó presuposto total do sistema sanitario español.

Artículo40 - Redistribución de la renta. Pleno empleo
"Los poderes públicos promoverán las condiciones favorables para el progreso social y económico y para una distribución de la renta regional y personal más equitativa, en el marco de una política de estabilidad económica. De manera especial, realizarán una política orientada al pleno empleo".

As desigualdades económicas cada vez son maiores nun país que non é quen de xerar emprego. Segundo un recente informe dos Técnicos de #Facenda, o 20% dos españoles más ricos acapara o 44% dos ingresos en España.

Artículo41 - Seguridade social
"Los poderes públicos mantendrán un régimen público de Seguridad Social para todos los ciudadanos que garantice la asistencia y prestaciones sociales suficientes ante situaciones de necesidad, especialmente, en caso de desempleo. La asistencia y prestaciones complementarias serán libres".

Máis de dous millóns de parados non reciben ningún tipo de prestación. Só o 63% dos desempregados reciben axudas públicas, a taxa máis baixa dende que enpezou a crise.

Artículo44.1 - Cultura
"Los poderes públicos promoverán y tutelarán el acceso a la cultura, a la que todos tienen derecho".

A subida ó 21% do IVA cultural supuxo un auténtico mazazo ó sector. En 2012 pecharon 2.000 empresas culturais e o número de persoas empregadas no mundo da cultura pasou dos 481.700 en 2011 ós 457.600 de 2012.

Artículo47 - Dereito á vivenda
"Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación".

Os procedimentos de desafiuzamento iniciados nos xulgados españois no primeiro semestre de 2013 ascenderon a 41.595, segúndo a estadística do Consello Xeneral do Poder Xudicial (CGPJ).

Artículo92 - Referéndum
"Las decisiones políticas de especial trascendencia podrán ser sometidas a referéndum consultivo de todos los ciudadanos".

Os Gobiernos nunca foron partidarios de facer consultas sobor das súas grandes decisións. Incluso, a reforma exprés da #Constitución perpetrada no vran de 2011 polo Psoe e o #PP non foi sometida á votación do pobo.

Despois de todos estes incumprimentos, ainda pensas que se pode celebrar algo?