Moveneda nomea ós seus expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
- Detalles
- Categoría: Educación, cultura, patrimonio, turismo, mocidade e deportes
- Publicado o 31 Octubre 2017
- Visto: 86
Moveneda ven de confirmar o nomeamento dos nosos expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
Como primeiro titular propuxemos a Eliseo Fernandez, historiador e presidente do Ateneo Ferrolán. A suplente será María Teresa Pérez Grueiro, veciña de Neda e membro da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
Pola nosa parte só resta agardar a vindeira convocatoria da Comisión que quedou prevista para antes do Nadal, e que de ahí bote por fin a traballar.