Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda

Ante algunha información que di que cando solicitamos a colaboración do Concello de Neda para a xornada de limpeza xa estaban contratados os traballos, agora publicamos as referencias que aparecen en actas de Xunta de Goberno que desmostran que a solicitude foi feita case 2 meses antes da contratación dos mesmos.

  • 24/04/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica que a Deputación aprobou provisionalmente a concesión dunha axuda de 6.768 € (enviada aos concelleiros de Moveneda o 05/05/2017)
  • 24/05/2017: A Asociación Medioambiental Delfines xunto a Moveneda, presenta no Concello a proposta para facer a limpeza da ribeira, solicitando a colaboración do Concello.
  • 29/05/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se comunica a aprobación definitiva da Deputación, da concesión da subvención. Se acorda denegar a colaboración solicitada por Moveneda e AM Delfines, e se acorda iniciar o expediente de contratación do servizo de limpeza e di textualmente:

Dáse conta que consonte á memoria que serviu de base a solicitude desta axuda a actividade a desenvolver comprende a realización das seguintes actuacións nas praias da Ostreira, Cascal e Puntal, durante 3 meses, coincidindo co verán deste ano, unha primeira retirada de obxectos depositados pola marea durante as anteriores estacións, para posteriormente acometer as tarefas de acondicionamento e limpeza diaria dos areais...

(enviada aos concelleiros de Moveneda o 09/06/2017)

  • 16/06/2017: Acta da Xunta de Goberno na que se adxudica o contrato por 6.655 €.

En resumo:

  1. Moveneda e a Asociación Medioambiental Delfines, solicitamos a colaboración do concello para facer a limpeza o 24/04/2017, é dicir, case 2 meses antes de que se adxudicaran os traballos (16/06/2017).
  2. Por qué nos queixamos desde Moveneda?. Polo incumprimento do contrato adxudicado. De feito, do único que temos constancia é do desbroce da franxa de 250-300 m no areal do Puntal e, probablemente, o desbroce das baixadas ao peirao desde a vía do tren.
    Sen embargo, nin se removeu a herba que nace no areal do Puntal, nin se limparon os obxectos depositados dende hai meses, tal e como atestiguan as fotos que temos de antes do 24/04/2017 e despois en outubro de 2017.

Temos constancia de que, a pesar de non ter feito os traballos según o disposto no contrato, fixéronse 3 pagos por importes cada un de 2.218,32€ en xullo, agosto e setembro (total 6.654,96 €).

Conclusión:
Non se fixo por parte do concello un seguimento e control dos traballos contratados, polo que consideramos que non se deberon de pagar a totalidade dos 6.655 €, senón tan solo á parte correspondente aos traballos realmente realizados.

Está eiquí: Home Urbanismo, Obras e Servizos Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda