Limpeza de fincas en Pazos e Fabrica do Monte
- Detalles
- Categoría: Urbanismo, Obras e Servizos
- Publicado o 25 Octubre 2017
- Visto: 2399
Felicitamos ó goberno tripartito do Concello de Neda por conseguir que outras administracións públicas e outros entes fagan a limpeza das súas fincas, cousa á que, igual que o resto de persoas, están obligadas por lei.
Isto ven á palestra porque hai varios meses, e a petición dos veciños destas fincas, que MOVENEDA solicitou ó Concello de Neda que instase tanto ó Ministerio de Defensa, propietario das terras colindantes cos depósitos de auga nos Pazos, como a AUDASA, propietaria dos terreos da entrada do túnel da AP-9 na Fábrica do Monte, para que mantiveran estas fincas en bo estado de conservación xa que estaban totalmente desatendidas, é dicir, a monte.
Se hai un tempo era AUDASA, despois de manter algunha reunión tanto co Concello como coa veciñanza afectada, a que limpaba a franxa exterior da verxa que bordea a boca do túnel, estes días estase a proceder a limpar os terreos contiguos ós depósitos de auga do canal nos Pazos.
O dito, aínda que con un pouco máis de tardanza da esperada, vanse facendo limpezas e mantemento que a todas luces eran necesarias.