Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Moveneda contra a Lei de Depredacion de Galicia que propon o PP

Os lumes teñen variadas causas, pero entre elas están tamén as políticas. Por iso, son necesarias as reivindicacións e a loita polas solucións, porque o goberno do Partido Popular de Galicia négase a gobernar en defensa do pobo e dos intereses do pobo.
Eles so defenden os intereses dos ricos e poderosos, e proba diso é lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, a chamada Lei de Depredación de Galicia, un exemplo claro e gravísimo dun modelo colonial, que busca expoliar os recursos naturais, que busca anular o Artigo 128 da Constitucion Española:

"Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general."

E todo para poñer a nosa riqueza en mans de mafias empresariais ou de grupos de interese dos que forman parte as mineiras, eléctricas e ENCE. É unha lei que causa o abandono do territorio, a expulsión da xente da sua terra, buscan que emigremos de novo. E este abandono é unha das causas máis decisivas dos lumes neste país.

O domingo temos unha nova ocasión de decidir: queremos ser parte da solución ou parte do problema? Temos que escoller. Xa!

Está eiquí: Home Coordinación e propostas Moveneda contra a Lei de Depredacion de Galicia que propon o PP