Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O PP négase a apoiar que Galicia sexa sede do Laboratorio europeo de moluscos

O Partido Popular ven de dar outra puñalada trapeira a todos os galegos ó votar no Parlamento de Madrid en contra de que Galicia seña a sede do Laboratorio Europeo de Moluscos, pese a que somos o referente europeo na calidade e extracción, e termos no sector unha grande capacidade de crecemento.
No colmo da esquizofrenia política, o Partido Popular de Galicia votou a favor no Parlamento Galego.

Non é a primeira vez que o Partido Popular defende unha cousa en Galiza e a súa contraria en Madrid. Hai exemplos abondo deste comportamento, entre os recentes o do traspaso da AP9, onde o goberno popular vetou o debate dunha petición que era apoiada unanimemente do Parlamento galego. Pois o PP volveu facer outra destas viravoltas, desta vez a conta do Laboratorio europeo de moluscos, o laboratorio comunitario de referencia de contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos que actualmente está en Reino Unido.

 

Porén, e como informa a delegación de Arousa de La Voz de Galicia, o PP decidiu non apoiar no Congreso español esa petición. Unha negativa que plasmou no debate realizado na Comisión de Agricultura, onde desbotou dar o si á proposta dos socialistas de que Galiza albergue ese organismo. “Non é momento para localismos”, argumentaron desde a bancada popular.

Está eiquí: Home Economía, facenda, industria, comercio e emprego O PP négase a apoiar que Galicia sexa sede do Laboratorio europeo de moluscos