Normas de Uso do Grupo de WhatsApp Participa Neda
- Detalles
-
Categoría: Sen categoría - Vários
-
Publicado o 01 Septiembre 2017
-
Visto: 10893
De cara a ter un bon funcionamento do grupo de WhatsApp Participa Neda, vos informamos das normas e recomendacións de uso e funcionamento do mesmo. Con estas normas a intencion e ter un funcionamento fluido, positivo e agradable pra todos os participantes.
- Respecta o tema e os obxectivos principais do grupo: informacion da actividade do concello, dar novas relativas a Neda, recoller e discutir propostas politicas, culturais e sociais, transmitir avisos de urxencia, recoller denuncias e propostas para achegar ao Concello.
- Procura ser positivo, proactivo e tenta sempre aportar e axudar. A Queixa constante non suma, non permite construir.
- Escribe coma se os outros membros do grupo estivesen fronte a ti. Nunca escribas nada que non lle dirías a alguen fronte a fronte. Esta é a principal regra que debemos ter presentes sempre.
- Manten as súas mensaxes persoais a outros membros en privado e envíe ao grupo só aquelas mensaxes que desexes compartir e sexan de interese para todos. Ten en mente sempre que o que escribas ou compartas o lee todo o grupo.
- Procura que os seus comunicados señan breves e concretos. Ao gran, resume: esa e a consigna.
Non envíes mensaxes longas nin monopolices o grupo cun tema persoal. O procedemento correcto é colocar unha mensaxe resumida cos puntos principais que queremos achegar e envialo ao grupo. Envía mensaxes completas e non frases de unha en unha. Ten en conta o invasivo que pode resultar recibir dazasete notificaciones ou pitidos seguidos. Tómate a molestia de escribir una idea completa e repasala un par de veces antes de oprimir el botón de “Enviar”.
- Ao contestar a algunha mensaxe, procura citar ou menciónas para que se saiba a que mensaxe está a referirse a un tema concreto.
- Non recomendamos o uso de emoticonos. Procura eliminar rudio na comunicacion.
- Respeta os horarios de descanso. Evita mandar mensaxes a altas horas da noite, os fins de semana e festivos ou na madrugada. Se se trata dunha emerxencia quizais o loxico e avisar o 112.
- Si e algo urxente e concreto pra algunha persoa, o millor e chamala e non agardar a o outro lea a tua mensaxe. Non todo o mundo esta conectado o WhatsApp todo o dia, ou escríbelle directamente e non diante de todo o grupo.
- Procura ter coidado na utilizacion do humor ou sarcasmo. O sentido do humor e variable segundo as persoas e o sarcasmo non sempre e ben entendido.
- Non contestes se estas molesto ou enfadado. Conta ate 100 antes de contestar. Cando chegues a 100, volve contar outra vez.
- Procura ser coidadoso coa información persoal ou privada. Non publiques datos de terceiros.
- Nunca cites nin publiques mensaxes que che foron enviados en privado sen previo consentimento.
- As letras MAIÚSCULAS pódense usar para salientar, pero NON escribas todo en maiúsculas pois isto interprétase na rede como que ESTAS GRITANDO!
- Non utilices o grupo para promocionar causas nin asuntos meramente persoais ou privados
- Debemos evitar asuntos negativos ao grupo, en xeral non resolverá nada e propiciará un clima de debate estéril.
- Nun grupo quizais se poida ofender a persoas sen querer facelo, ou tal vez poida malinterpretarse o que outros din, tomando represalias cando non foi iso o que se quixo dicir. Pónte sempre no lugar dos demais e no seu caso pide sempre aclaracións en privado.
- Cando alguén cometa algún erro, ponte no seu lugar, a clave e ter bon rollo, boa disposicion. Se o erro é mínimo é mellor non mencionar nada, sempre pensa as cousas dúas veces antes de reaccionar.
- Non difundas rumores, novas alarmistas, sen fundamento ou informacións non confirmadas de maneira oficial polos entes involucrados.
A regra de ouro, dentro e fora de WhatsApp, é: antes de compartir, cerciórarse de non estar propagando mentiras.
- Non difundas mensaxes con contido discriminatorio, racista, sexista, xenofobo ou fascista.
- Utiliza sempre unha linguaxe de respecto, cordialidade e empatía. Baixo ningún concepto admítense insultos, burlas, motes ou sobrenomes, malas palabras nin expresións vulgares ou groseiras.
- O incumprimento destar normas implica a expulsion inmediata do Grupo e en caso de implicacions legais, a denuncia desta persoa por parte de Moveneda.
|
Saudos e grazas pola vosa participación!
Moveneda