Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Normas de Uso do Grupo de WhatsApp Participa Neda

De cara a ter un bon funcionamento do grupo de WhatsApp Participa Neda, vos informamos das normas e recomendacións de uso e funcionamento do mesmo. Con estas normas a intencion e ter un funcionamento fluido, positivo e agradable pra todos os participantes.

  1. Respecta o tema e os obxectivos principais do grupo: informacion da actividade do concello, dar novas relativas a Neda, recoller e discutir propostas politicas, culturais e sociais, transmitir avisos de urxencia, recoller denuncias e propostas para achegar ao Concello.
  2. Procura ser positivo, proactivo e tenta sempre aportar e axudar. A Queixa constante non suma, non permite construir.
  3. Escribe coma se os outros membros do grupo estivesen fronte a ti. Nunca escribas nada que non lle dirías a alguen fronte a fronte. Esta é a principal regra que debemos ter presentes sempre.
  4. Manten as súas mensaxes persoais a outros membros en privado e envíe ao grupo só aquelas mensaxes que desexes compartir e sexan de interese para todos. Ten en mente sempre que o que escribas ou compartas o lee todo o grupo.
  5. Procura que os seus comunicados señan breves e concretos. Ao gran, resume: esa e a consigna.
    Non envíes mensaxes longas nin monopolices o grupo cun tema persoal.
    O procedemento correcto é colocar unha mensaxe resumida cos puntos principais que queremos achegar e envialo ao grupo.
    Envía mensaxes completas e non frases de unha en unha. Ten en conta o invasivo que pode resultar recibir dazasete notificaciones ou pitidos seguidos.
    Tómate a molestia de escribir una idea completa e repasala un par de veces antes de oprimir el botón de “Enviar”.
  6. Ao contestar a algunha mensaxe, procura citar ou menciónas para que se saiba a que mensaxe está a referirse a un tema concreto.
  7. Non recomendamos o uso de emoticonos. Procura eliminar rudio na comunicacion.
  8. Respeta os horarios de descanso. Evita mandar mensaxes a altas horas da noite, os fins de semana e festivos ou na madrugada. Se se trata dunha emerxencia quizais o loxico e avisar o 112.
  9. Si e algo urxente e concreto pra algunha persoa, o millor e chamala e non agardar a o outro lea a tua mensaxe. Non todo o mundo esta conectado o WhatsApp todo o dia, ou escríbelle directamente e non diante de todo o grupo.
  10. Procura ter coidado na utilizacion do humor ou sarcasmo. O sentido do humor e variable segundo as persoas e o sarcasmo non sempre e ben entendido.
  11. Non contestes se estas molesto ou enfadado. Conta ate 100 antes de contestar. Cando chegues a 100, volve contar outra vez.
  12. Procura ser coidadoso coa información persoal ou privada. Non publiques datos de terceiros.
  13. Nunca cites nin publiques mensaxes que che foron enviados en privado sen previo consentimento.
  14. As letras MAIÚSCULAS pódense usar para salientar, pero NON escribas todo en maiúsculas pois isto interprétase na rede como que ESTAS GRITANDO!
  15. Non utilices o grupo para promocionar causas nin asuntos meramente persoais ou privados
  16. Debemos evitar asuntos negativos ao grupo, en xeral non resolverá nada e propiciará un clima de debate estéril.
  17. Nun grupo quizais se poida ofender a persoas sen querer facelo, ou tal vez poida malinterpretarse o que outros din, tomando represalias cando non foi iso o que se quixo dicir. Pónte sempre no lugar dos demais e no seu caso pide sempre aclaracións en privado.
  18. Cando alguén cometa algún erro, ponte no seu lugar, a clave e ter bon rollo, boa disposicion. Se o erro é mínimo é mellor non mencionar nada, sempre pensa as cousas dúas veces antes de reaccionar.
  19. Non difundas rumores, novas alarmistas, sen fundamento ou informacións non confirmadas de maneira oficial polos entes involucrados.
    A regra de ouro, dentro e fora de WhatsApp, é: antes de compartir, cerciórarse de non estar propagando mentiras.
  20. Non difundas mensaxes con contido discriminatorio, racista, sexista, xenofobo ou fascista.
  21. Utiliza sempre unha linguaxe de respecto, cordialidade e empatía. Baixo ningún concepto admítense insultos, burlas, motes ou sobrenomes, malas palabras nin expresións vulgares ou groseiras.
  22. O incumprimento destar normas implica a expulsion inmediata do Grupo e en caso de implicacions legais, a denuncia desta persoa por parte de Moveneda.

Saudos e grazas pola vosa participación!
Moveneda

Está eiquí: Home Informacion Transparencia Sen categoría - Vários Normas de Uso do Grupo de WhatsApp Participa Neda