Os desbroces outra vez tarde, mal e a rastro

O 5 de Maio a Voz de Galicia publicou unha nota de prensa onde Moveneda denunciaba o retraso, por terceiro ano consecutivo, das tarefas de desbroce e limpeza de camiños no Concello de Neda.
O goberno tripartito saíu apresuradamente o día seguinte nos medios anunciando a licitación destes traballos pra Xuño e Xullo. Isto so pode reafirmar a nosa denuncia: os desbroces faranse outra vez tarde, en pleno mes de seca e con alto risco de incendio.
A ver se pra 2018!