Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Charla sobre a reclamacion das clausulas chan e os gastos de hipoteca

#Moveneda está sempre a prol de fomentar a información, a organización e a acción colectiva dos veciños na defensa dos seus intereses. En liña con isto, vimos de acordar coa Asociacion Galega de Consumidores E Usuarios ACOUGA unha charla pra informar dos pasos a seguir pra reclamar a devolución dos cartos cobrados polos bancos nas chamadas Clausulas Chan.

ACOUGA o ten claro: "Se unha persoa está afectada polas cláusulas suelo, debe recurrir á vía xudicial e omitir a vía de negociación que están a ofrecer as entidades bancarias pra devolver as cantidades que a Justicia ven de declarar abusivas. A vía extraxudicial pra reclamar as cláusulas chan é prexudicial para o afectado". Así o afirma o presidente de ACOUGA, Manuel Pérez Arias.

Por elo MOVENEDA organiza pra este vindeiro xoves día 2 as 20:00 horas unha charla informativa na Casa das Palmeiras.

Alí se dara cumprida información sobor das Clausulas Chan e o xeito recomendado de reclamar os cartos.

Tamén se falará das demandas pra reclamar os cartos cobrados por constitución das hipotecas.

Falarán: Manuel Pérez Arias (Presidente de ACOUGA), Xoán Antón Pérez Lema (Avogado e Secretário Xeral de ACOUGA), Jesus Oroza Alonso (ACOUGA Ferrolterra).

Dende MOVENEDA promovemos e animamos a todos os veciños do Concello de Neda a sumarse ás demandas colectivas impulsadas por ACOUGA.

Acode, informate e participa!!

Está eiquí: Home Coordinación e propostas Charla sobre a reclamacion das clausulas chan e os gastos de hipoteca