Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O Concello abre a participacion veciñal a reforma da Ordenanza 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións municipais

Despois case dous anos de lexislatura, dende Moveneda felicitamos ao goberno tripartito por abrir por fin o Concello de Neda á participacion dos veciños, coma nos reclamamos dende primeiro día da lexislatura.

Agardamos que esta vía, pra que os veciños decidanos directamente nos asuntos que nos incumben, se extenda tamén á discusion dos vindeiros #PresupostosMunicipais pra 2017.

Consulta pública previa sobre a modificación da ordenanza fiscal nº 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións na casa da cultura e demais edificios de titularidad municipal.

A elaboración de todas as ordenanzas e reglamentos municipais de Neda contará a partir de agora cunha consulta pública previa para que a cidadanía se informe, suxira modificacións e debata achega da conveniencia de cada unha desas novas normativas. O novo mecanismo lévase hoxe, xoves 19 de Xaneiro de 2017, por primeira vez á práctica coa consulta pública previa sobre a modificación da ordenanza fiscal nº 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións na casa da cultura e demais edificios de titularidad municipal.

O Pleno do concello, en sesión celebrada o día 20/09/2007, aprobou a referida ordenanza da que se publicou o seu texto íntegro no BOP da Coruña nº. 273, do día 26 de novembro de 2007 e que entrou en vigor o día 1 de xaneiro de 2008.

Estimándose necesario realizar unha modificación do texto da referida norma, de conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 02/10/2015), sométese o asunto a consulta pública previa a fin de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma, sobre os seguintes aspectos:

  •   Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

Principalmente con esta iniciativa preténdense realizar unha serie de modificacións do contido da ordenanza, adecuando ós importes da taxa as características dos locais e instalacións e incorporando limitacións temporais nas cesións de uso así como cuantitativas respecto do número de locais que poden utilizarse por un único usuario especialmente polo que se refire ás instalacións do Edificio Municipal de Servizos Múltiples da Toeleira.

  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

A modificación da ordenanza atopa a súa necesidade no establecemento dunha taxa adecuada ás características dos distintos locais e instalacións municipais e na incorporación de limitacións temporais nas autorización a fin de que non se perpetúen no tempo, o que suporá dispoñer dun marco normativo axeitado na utilización do uso de locais e instalacións de titularidade municipal por parte de persoas naturais ou xurídicas.

 

  • Os obxectivos da norma.

Garantir unha adecuada exacción da taxa pola utilización dos locais e instalacións de titularidade municipal, establecendo a mesma en función do custo do servizo.

  1. Establecer límites temporais nas autorizacións de uso a fin de posibilitar a utilización por parte doutros usuarios.
  2. Establecer límites cuantitativos respecto ó número de locais que poden utilizarse por un único usuario.

 

  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

A alternativa á modificación desta ordenanza sería a aprobación dunha nova que regulase a exacción desta taxa, o que non se considera necesario toda vez que, inda que a iniciativa afecta a aspectos importantes como é o importe da taxa e a limitación temporal e cuantitativa das autorizacións para uso dos locais e instalacións de titularidade municipal, o restante contido da ordenanza permanece inalterable, polo que se considera suficiente coa súa modificación co alcance pretendido.

Non se contemplan solucións non regulatorias.

 

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, poden achegar as súas opinións a través dá sede electrónica do Concello, enchendo unha solicitude xeral https://sede.neda.es/…/procedimie…/tramites/SolicitudGeneral ou persoalmente non Rexistro Xeral do Concello (Avda. de Algeciras, nº. 34 – 15510 Neda – Casa do Concello), en horario de 09:00 a 14:00 horas.

 

O prazo para a achega das opinións remata o día 03/02/2017.

 

Neda, 19 de xaneiro de 2017.

O Alcalde,
Asdo: Angel Alvariño Saavedra.

Podese descargar o documento pdf asinado facendo click eiqui.

Está eiquí: Home Economia e Facenda O Concello abre a participacion veciñal a reforma da Ordenanza 17, reguladora da taxa pola utilización das instalacións municipais