Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Moveneda súmase á Mobilización contra a pobreza enerxetica e o oligopolio eléctrico

Hai xa un ano que dende MOVENEDA impulsamos unha mocion pra garantir a enerxia coma servizo publico. Esta mocion discutiuse no pleno do Concello de Neda, e aprobouse co apoio e o voto a favor de PSOE e BNG e o voto en contra do Partido Popular.

En liña e coherencia co exposto naquela mocion, MOVENEDA súmase á MOBILIZACIÓN CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA E A DENUNCIA DO OLIGOPOLIO ELÉCTRICO prevista para esta tarde en Ferrol, e chama a toda a veciñanza de Neda a participar nesta movilizacion.

O recibo da luz volveu subir no mes de Novembro, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. No mes de Outubro, era o Tribunal Supremo o que dictaminaba contra do chamado “bono social”, e obrigaba a indemnizar ás eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o “dereito” das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tiveron que asumir, o que repercutirá  na tarifa que temos que pagar todas.

Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros. Mentras, na Galiza son máis de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxética, superándose no resto do estado os catro millóns de persoas afectadas.

Mobilizámonos para esixir medidas contra da pobreza enerxética, na súa prevención e eliminación, mais tamén na denuncia aos oligopolios eléctricos que, co apoio gobernamental, impoñen os prezos, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados.

Dende principios deste mes, véñense realizando mobilizacións en toda Europa para denunciar esta situación. O estado neoliberal avanza na súa consolidación e atenta contra o recoñecemento do dereito de acceso universal á enerxía e á suministración básica, igual que do dereito á vivenda digna e adecuada, do dereito á alimentación, aos coidados, á educación e á saúde, a un traballo ou a unha renda básica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicións de vida dignas.

O estado neoliberal converte o dereito á enerxía, que debería ser considerado coma un servizo público esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacións eléctricas que conforman un oligopolio.

O estado neoliberal fai do dereito beneficencia e das medidas que tiñan que ser estruturais, con solucións inmediatas e prevención, medidas paliativas perpetuadoras da pobreza e a dependencia de por vida dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.

Polo que Reclamamos:

  • A prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos,
  • Poñer fin aos abusos tarifarios,
  • A creación dunha auténtica tarifa social,
  • O recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos cobros indebidos,
  • Unha Auditoría ao sistema eléctrico,
  • A aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4%,
  • A creación dunha tarifa eléctrica galega que compense en parte o dano medioambiental, e
  • O rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas.

Neda, a 21 de Nadal de 2016

Está eiquí: Home Comunicados Oficiais Moveneda súmase á Mobilización contra a pobreza enerxetica e o oligopolio eléctrico