Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda

II Festa da Cervexa Artesá en Narahío

Dende a Asociación Veciñal O Castelo de Narahío (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) comunícasenos que o vindéiro sábado 3 de decembro no Local Social de Narahío celébrase a II Festa da Cervexa Artesá.

Dende as 16:30 da tarde terá lugar un curso de elaboración de cervexa impartido polo mestre cervexeiro Miguel Soto que xa conseguiu estar entre as tres primeiras cervexas caseiras de España por dúas ocasións coa súa cervexa estilo Xermano. O prezo do obradoiro é de 10 euros e 5 euros para os socios da Asociación Veciñal O Castelo de Narahío. Pra se apúntar o número de tlfno. é 646502566 e as prazas son limitadas

A partires das 20:00 horas haberá degustación de cervexa artesá (1,50 €) e bolo preñados (2,00 €) ata acabar existencias, e dende as 21:30 actuará o monologuista Quico Cadaval, con entrada de balde.

Está eiquí: Home Sen categoría - Vários II Festa da Cervexa Artesá en Narahío