Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Asamblea Aberta na TOELEIRA, xoves 20 de outubro

O vindeiro xoves 20 de outubro, as 20:00 horas, no Edificio de Usos Múltiples da TOELEIRA, continuaremos co proceso habitual de Asambleas Abertas coque MOVENEDA tenta impulsar a información directa e a participación dos veciños.

Nesta asemblea informaremos da actividade dos nosos concelleiros, rendiremos contas de gastos e ingresos (propios e no concello), e ademais, poderemos debater os temas e asuntos da parroquia, o concello ou calquera outra dubida ou proposta que os veciños consideredes de interese.

Está eiquí: Home Asembleas abertas Asamblea Aberta na TOELEIRA, xoves 20 de outubro