Reunión da Comisión Informativa da Area de Economia e Facenda 2015-10-30
- Detalles
- Publicado o 30 Octubre 2015
- Visto: 833
Podedes descargar a Acta/Informe que levantou MOVENEDA da reunion no noso repositorio de documentos, na sección Comisións de Area ou directamente no seguinte enlace: 2015-10-30 Informacion Comisión Economía e Facenda
Hoxe 30 de Uutubro tivo lugar a primeira reunión da Comision Informativa de Area de Economía e Facenda. Nesta comision asistiron Ana Rosa Pena polo grupo do PSOE, Juan Carlos Pita por MOVENEDA, Helena Pardo (Grupo Mixto) e Montserrat Rico (PP). Asimesmo asistiron Ana (Interventora Municipal e Manuel Sanesteban que fixo as labouras de secretario da mesma.
Coma primeiro ponto da reunion fixouse a periodicidade desta comision pra o ultimo xoves de cada mes, as 12:00.
No segundo ponto da orde do día, a Interventora Municipal presenta un informe no que se sinala que estase a cumprir co prazo establecido por lei de menos de 30 días para pagos a proveedores estando en 20,49 días no 1º trimestre, 19,22 días no 2º e 18,39 no 3º trimestre deste ano.
Ana Rosa Pena, propón a baixada para o ano 2016 do tipo aplicado ao IBI Urbano, pasando de 0,60 actual a 0,58. Quedaría a estudo a posibilidade dunha nova rebaixa dos tipos aplicados para os seguintes exercicios. Neste ponto, o concelleiro de MOVENEDA, Juan Carlos Pita manifesta o noso acordo coa medida aínda que nos semella escasa, se tomamos coma referencia a que a revisión dos valores catastrais ata chegar ao 50% do valor de mercado, está levando a ter uns valores catastrais demasiado altos pola situación do mercado inmobiliario e que nalgún caso se aproxima ó valor de mercado da vivenda e solicito unha rebaixa do mesmo. A concelleira do PSOE contesta que non é legalmente posible.
MOVENEDA preguntou tamén pola recadación de IBI estimada para este ano, contestando o Secretario da Comision, Sanesteban, que ascenderá a uns 780.000€ aproximadamente. Tamén preguntou MOVENEDA a que afecta o tipo de IBI Especial e se nos contestou, M. Sanesteban e a interventora, que só entra a Autopista que tería un valor duns 30.000€, pero que ten establecido unha bonificación do 90% e queda nuns 3000 € aproximadamente.
O PP sinala que ten constancia de que aínda quedan vivendas sen dar de alta e pide que se sigan a facer inspeccións para regulazilar a situación destas vivendas. Contestanlle que xa se deron moitas de alta e que poucas deben quedar.
O Grupo Mixto non interviu en nada ó respecto.
Informase da prevision dunha rebaixa de 35 a 25 anos a antigüedade para solicitar a declaración de vehículo histórico coa exencion do rodaxe. Todos os grupos estiveron dacordo neste ponto.
Rogos e preguntas.
MOVENEDA informou á comisión da presentación por rexistro da solicitude da información económica e a solicitude da copia da acta do pleno de final da lexislatura de Cabezón onde se aprobou a conta xeral de 2014. Preguntamos tamén se hai previsto un plan de reducción da débeda do concello ao que se me contesta que polo momento non.
Rematou a Comisión ás 13:30 h.
MOVENEDA