Galicia, na senda da economía circular
- Detalles
- Publicado o 24 Junio 2015
- Visto: 210
O vindeiro 3 de xuño, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará o 5, levarase a cabo, na cidade de Pontevedra, unha xornada na que, baixo o título “Galicia, na senda da economía circular”, expertos de alto nivel no eido europeo, nacional e autonómico, profundizarán na xestión dos residuos urbanos conforme ás directrices establecidas no novo Paquete Europeo de Economía Circular, aprobado pola Comisión Europea o pasado mes de decembro.
O evento será inaugurado pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. A asistencia ao mesmo é gratuita. Non obstante, os interesados deben cumprimentar o boletín de inscrición que figura nesta ligazón http://www.sogama.es/gl/campanha/galicia-na-senda-da-economia-circular. Tamén aquí podedes consultar o programa. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo e os asistentes recibirán un diploma acreditativo.