Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Asamblea permanente

¿Que é a Asamblea Permanente?

A Asamblea Permanente é unha reunion semanal na que se debaten os temas de actualidade do concello. Asimesmo, nesta reunión tratamos de impulsar e coordinar os traballos e iniciativas que os concelleiros de MOVENEDA van levar ao Concello. Outra das funcións destas reunións e propoñer actividades coma as Asambleas Abertas pra render contas e recoller información das distintas parroquias. A Asamblea Permamente está aberta á participación de calquera veciño que o desexe.

¿Onde e cando se reúne a Asamblea Permanente?

Reúnese todos os martes as 20:30 na Abacería, onde MOVENEDA ten alugado un espazo. O enderezo é Avda. de Xuvia 10.

¿Quén asiste a Asamblea Permanente?

A Asamblea Permanente é unha Asamblea Aberta en si mesmo. Acoden os concelleiros de MOVENEDA, os membros que foron na candidatura, persoas que se implicaron las labouras de axudar os nosos concelleiros, e por suposto, está aberta a participación de todos aqueles veciños que queira tratar calquera asunto que consideren de interese.

Está eiquí: Home Asamblea permanente