Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Qué é unha Asamblea Aberta

Dende o principio, MOVENEDA plantéxouse coma unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia. Precisamente este ultimo concepto nos caracteriza e diferenza doutras forzas políticas, posto que nos facemos unha aposta clara pola actividade directa e sen intermediarios de todos os veciños na xestion do Concello. Nos pensamos que os propios veciños debemos se-lo motor e centro da acción política a traveso da participación permanente e consciente de todos nas decisións que nos concernen.

¿Qué é unha Asamblea Aberta?

Unha asamblea popular ou asamblea aberta é unha reunión de veciños convocada pra tratar asuntos importantes pra a comunidade. As asambleas poden funcionar xunto con outras formas de goberno, pero e ben certo que o funcionamento baseado na democracia directa contrasta outros mecanismos indirectos de democracia, coma os sistemas representativos.

As asambleas populares son un exemplo de autonomía, son de carácter voluntario e baséanse na participación directa dos implicados, tanto na exposicion dos temas coma no debate e na toma de decisións colectivas. A asamblea aberta ten un inherente poder soberano e de emancipacion, xa que son tamén unha ferramenta de traballo, abertas a todas as persoas e colectivos que queiran contribuir a participacion directa dos veciños na vida política do concello.

As asambleas abertas tentan impulsar una metodoloxía de trabajo conxunto, democrático, comunitario, social e con vocación de permanencia.

Está eiquí: Home Que son?