Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Outros conceptos basicos

Existen outros conceptos legais e funcionais que poden axudarnos a comprender mellor o funcionamento do noso concello. Eis van algúns deles:

¿Cómo fan os concelleiros pra presentar un proxecto?

Todo asunto que promova ou presente un concelleiros, deberá facerlo en forma de Proxecto de Ordenanza, Decreto, Resolución, ou Minuta de Comunicación.

¿Qué é unha Ordenanza?

É unha disposición emanada do Pleno, que crea, reforma, suspende ou deroga unha regra xeral, de cumprimento no ambito municpal.. (Art. 77. Ley Orgánica das Municipalidades).

¿Qué é un Decreto?

É unha disposición que adopta o Pleno e  que ten por obxeto o rexeite de solicitudes particulares, a adopción de medidas relativas á composición ou organización interna do Pleno e, en xeral, toda disposición de carácter imperativo que non requira da súa promulgación do Departamento Executivo. (Art. 77. Ley Orgánica das Municipalidades).

¿Qué é unha Resolución?

É unha disposición que adopta o HCD (Honorable Concello Deliberante) e que ten por obxeto expresar unha opinión que poden emitir os concelleiros sobor de calquera asunto de carácter público ou privado ou manifestar a súa vontade de practicar algún acto en tempo determinado. (Art. 77. Lei Orgánica das Municipalidades).

¿Qué é unha Minuta de Comunicación?

É unha disposición que adopta o HCD e que ten por obxeto contestar, recomendar, pedir ou expoñeer algo. (Art. 77. Lei Orgánica das Municipalidades).

¿Cáles son as Comisións Internas?

As oito Comisión Internas de Traballo do Honorable Concello Deliberante son:

  • Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
  • Seguridade Cidadá, Deportes, Transporte e ProtecciónCivil
  • Educación, Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico
  • Economía e Facenda
  • Urbanismo
  • Obras e Servizos
  • Industria, Comercio e Xuventude
  • Medio Rural e Asociacións

A composición das Comisións realízase mediante a elección anual dos seus membros (concelleiros) na primeira Sesión Ordinaria do Corpo, puidendo ser reelectos.

Está eiquí: Home Outros conceptos básicos