Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Comisións do concello

As comisions asumen de xeito habitual o exercicio das seguintes funcións:

  • O estudio, informe ou consulta dos asuntos que vaian ser sometidos á decisión do Pleno.
  • O seguimento da xestión do Alcalde e do seu equipo de goberno, sen perxuicio do seu superior control e fiscalización que, con carácter xeral, lle corresponde ó Pleno.
  • Outras funcións resolutorias que o Pleno lles delegue.

Cada Comisión coñecerá dos asuntos propios da súa competencia.

Comisions Informativas de Área

  • Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
  • Seguridade Cidadá, Deportes, Transporte e ProtecciónCivil
  • Educación, Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico
  • Economía e Facenda
  • Urbanismo
  • Obras e Servizos
  • Industria, Comercio e Xuventude
  • Medio Rural e Asociacións

Comision de Asuntos do Pleno

Comision de Contratacion

Está eiquí: Home Comisions do concello