Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Concellerias

Un concelleiro (de «concello», e este do latín concilium, ‘asamblea’), edil (do latín aedīlis, maxistrado romano) ou rexedor (do latín regere, ‘gobernar’ y -dor) é un membro electo da administración política dos concellos. Estes forman o órgano colexiado que exerce de goberno municipal, e que recibe distintos nomres segúndo o país e periodo histórico (concello municipal, ayuntamiento, corporación municipal, etc.).

Mandato

O concelleiro é elexido e exerce o seu mandato por un período dunha duración de catro anos. As condicións da elección, o exercicio, a continuidade no cargo e a posibilidade de reelección é ao final de cada lexislatura, dependen da lexislación electoral.

Funcións

o concelleiro ten coma función a promoción do desenrolo do concello dentro de diversas áreas (educación, cultura, sanidade, transportes, economía, facenda, parques e xardíns, obras públicas, urbanismo, etc.), pra o que soe especializarse coma «concelleiros de área». Tamén pode especializarse nun distrito ou outra división espacial local. Ademáis, desemrola a función de fiscalización do traballo do alcalde da cidade ou poboación.

Outro cargo que tamén existe é o de tenente de alcalde ou vicealcalde. Nalgúns países, coma é no caso do Estado Español, os concelleiros, ao inicio de cada lexislatura municipal, nomean de entre eles quen vai a ocupar o cargo de alcalde, e incluso poden depoñrlo posteriormente e antes de que remate o seu mandato mediante unha moción de censura.

Concellerías en Neda (Lexislatura 2015)

Pra esta lexislatura 2015, a alcaldía repartiu as funcións do concello entre as seguintes concellerías:

  • Concellería de Urbanismo
  • Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade
  • Concellería de Traballo, Medio Rural, Sanidade e Relación coas Asociacións
  • Concellería de Medioambiente, Industria, Comercio e Xuventude
  • Concellería de Obras, Servizos, Parques e Xardíns
  • Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Turismo
  • Concellería  de Deportes, Seguridade Cidadá e Transportes
Está eiquí: Home As concellerias