Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

O Concello

Un concello é a corporación composta por un alcalde e vários concelleiros pra a administración dos intereses dun municipio.

Soe estar presidido por un alcalde, intendente, presidente de comuna o presidente municipal, que ostenta a presidencia da administración local e do pleno municipal, e formado polos concelleiros o edís que, reunidos en pleno, exercen a potestade normativa a nivel local. Nalgúns casos os concellos de pobos pequenos gobernanse por algún tipo de sistema asambleario, coma o tradicional que en España denominase concello aberto.

Por extensión, también soe chamarse Concellos ou Casa do Concello á casa consistorial, o edificio que cumpre as funcións de sede principal da institución.

Polo xeral, o concello é o órgano administrativo de menor rango territorial e, polo tanto, o mái achegado ó cidadán, inda que os concellos grandes poden subdividirse administrativamente en barrios, distritos, cuarteles, secciones, delegaciones e sindicaturas ou pedanías (estas xa de carácter máis rural).

O concello de Neda

O Concello de Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

Xeografía

O municipio de Neda mantivo unha permanente relación de complementariedade e dependencia co centro comarcal. Dela proveñen efectos inducidos, pero tamén a súas oscilacións viñeron en paralelo coas rexistradas polo municipio urbano.

Dentro dos 5512 habitantes totais 2697 son homes e 2815 mulleres. Ata os 30 anos é maior o número de homes que o de mulleres, pero a partir dese estrato invértese a tendencia para inclinar a composición global do municipio. Ao longo dos seus 23,8 km², o municipio de Neda presenta 4 parroquias: Anca, Neda (San Nicolás), Neda (Santa María) e Viladonelle.

Conforme o último nomenclátor de 1991, a zona de maior concentración territorial é Santa María, que conta con 3.876 habitantes, o 61,6% do total, seguida de San Nicolás, co 25,6%. Por outra parte obsérvase unha forte tendencia cara o asentamento nos núcleos, onde residen 5860 habitantes, o 93,2%, mentres o 6,8% restante lo faino en zonas diseminadas. En Neda contabilízanse 2.126 activos, dentro dos cales existen 1644 ocupados e 482 parados. Na actualidade o sector de maior incidencia para o conxunto municipal son os servizos. Neles ocúpanse 807 habitantes, o 49,1% do emprego total. Destacan principalmente os 207 cidadáns dedicados á rama do comercio e as reparacións, o 12,6% do emprego total do municipio; os 119 adicados á Administración Pública, defensa e servizos sociais, o 7,2%; e os 112 empregados na Educación, o 6,8%. En moitos casos estas actividades realízanse no concello veciño de Ferrol, dentro das actividades propias dun foco urbano, na Educación, Administración e Defensa.

Neda presenta unha taxa de actividade do 39,3% e una taxa de ocupación do 30,4%. O paro rexistrado no INEM presenta unhas altas cifras de desemprego na actualidade. En 1981 o municipio xa contaba con 490 parados, cifra que aumentou ata os 650 desempregados de 1988, cifra tope de desemprego no municipio, produto da reconversión industrial. No ano 93 mostrábase unha recuperación importante que deixaba índice de paro en 533 habitantes, aínda que sería en 1996 cando se mostre un mellor momento neste sentido, coa redución ata os 442 desempregados. Para 1997 aumentouse un pouco esta cifra, contabilizando, finalmente, 476 parados.

O peso comercial de Neda é dunha interesante variedade, segundo recolle o anuario comercial de 1998, onde se reflicte a presenza no municipio de 3 oficinas bancarias; 69 actividades industriais, 29 delas adicadas á construción e 28 á industria manufactureira; 13 actividades comerciais maioristas e 93 actividades comerciais minoristas, 35 delas no entorno das actividades relacionadas coa alimentación. Ademais, o sector da restauración conta con 46 actividades de restauración, bares e hostalería. O tecido empresarial ven definido especialmente por unha serie de empresas concretas. Destaca a presencia de Galicia Textil fabricante de tecidos de algodón, que aporta a máxima facturación do municipio, co plantel máis amplo, 99 empregados, adicados ao campo téxtil.

Tamén é de reseñar unha empresa adicada á construción e as actividades contratistas, que conta con 43 empregos directos. Á súa vez, temos que sinalar dous empresas maioristas, adicadas á rama da alimentación, unha dentro da actividade de produtos comestibles e outra en fariñas e cereais.

As principais vías de comunicación son a LC-1 (antiga N-VI) que comunica Betanzos con Ferrol, así como a C-642 cara a Ribadeo e a C-641 cara a Lugo. En 2003 inaugurouse o acceso á AP-9 ata Ferrol cunha nova ponte sobre a ría de Ferrol. A estación de Neda está na liña de ferrocarril entre Ferrol-A Coruña e Monforte de Lemos.

Historia

Neda é un pequeno municipio da Coruña, situado no fondo da ría de Ferrol (ría de Xuvia). Conta cunha poboación que apenas supera os 5.800 habitantes, nunha superficie de 24 km², que se estenden, dende a ribeira da ría e seguindo polos vales dos ríos Belelle, Xuvia e Castro, en chaira, que vai ascendendo aos montes Ancos, Marraxón e Louseira. Aínda que Neda aparece citada por primeira vez en documentos do século X (chamada "Nida" nun documento do ano 936), conserva restos megalíticos e castrexos, o que é indicativo da importancia desta zona desde a antigüidade. A súa capital, San Nicolás, mantén formas medievais e conserva edificacións dos séculos XVII e XVIII. Podemos afirmar que na Idade Media, Neda era unha vila importante, na que residían notables familias, algunhas enterradas na igrexa parroquial como os Esquiu.

Durante aqueles anos, Neda foi coñecida polo seu porto comercial e o seu estaleiro, no que foi construído o barco que participou na reconquista de Alxeciras, no ano 1344, o que fixo que o rei Afonso XI concedera a Neda os foros, que favoreceron a súa economía.

Se nos referimos ao patrimonio natural, temos que citar ao río Belelle, un dos seus eixos de desenvolvemento no pasado. Nos seus bordos tivo lugar a evolución da sociedade da vila, e as súas primeiras industrias forxáronse grazas ás súas augas. Hoxe en día persisten os muíños que abasteceron as industrias panadeiras, tanto dos pequenos negocios familiares como as denominadas "Casas Reales" ou "Fábricas do Bizcocho", propiedade da Casa dos Austrias, que subministraban o pan e as galletas consumidos polos mariñeiros nas travesías.

Na zona da Cascada aínda se pode desfrutar da vexetación típica das fragas atlánticas, polo que podemos afirmar que algo nos queda daquelas fragas de Neda, famosas e apreciadas nos séculos pasados, grazas á boa e abundante madeira que ofrecían. Grazas a esta riqueza madeireira funcionaron os estaleiros na desembocadura do Belelle, ao tempo que se abastecían as vilas veciñas.

A riqueza natural de esta zona fai que non sexa estraño atopar animais pouco visibles noutros lugares: miñatos, buxatos, garzas e parrulos, que aniñan e medran na desembocadura, onde hai unhas interesantes marismas, nas que ás veces pódense ver alondras.

O seu crecemento económico estivo moi vinculado ao río Belelle e a súa sona pola boa auga. A actividade de moenda e fabricación de alimentos para as reais fábricas que na ría se construíron para a Armada Española. Negocios que seguen a día de hoxe co Pan de Neda e o aproveitamento eléctrico do ría Belelle por Unión Fenosa, Electra Narahio e o río Xuvia pola empresa Galicia Textil.

Economía

A economía do concello está baseada na pesca, a agricultura, explotación forestal e na súa meirande empresa: Galicia Textil. Nos últimos anos o turismo estase a mostrar como outro importante factor. Por Neda pasa o Camiño Inglés. O novo pulo que deu a festa do Pan de Neda está a dar unha nova oportunidade de negocio a produtos de calidade. A construción de novos accesos como a AP-9 supuxeron outro factor importante.

Camiño inglés

Atravesa o municipio cara Compostela e pódese unir co que vai ao norte cara ao santuario de Santo André de Teixido. A parte do camiño que pasa polo municipio nedense consiste en cruzar a ponte peonil (vindo polo paseo marítimo de Narón vese a simple vista, é unha ponte cun dobre arco), atopando o albergue enfronte, xunto a un parque e ao IES Fernando Esquío (dende Ferrol queda a uns 13 km). Logo seguindo polo paseo marítimo hai que chegar ata a Igrexa de Santa María de Neda, onde hai unha ponte peonil sobre o río Belelle unha vez cruzada , torceremos cara á dereita pola primeira rúa (Camiño do Paraíso), continuando por el ata a Torre do Reloxo, onde antigamente era o Hospital de Peregrinos, actualmente trátase da Casa Consistorial outro lugar onde asinar as credenciais. Seguimos cara a dereita pola Rúa Real, onde podemos ver casas asoportaladas dos séculos XVII-XVIII, ata a Rúa do Castro.

No cruzamento cóllese á dereita, xunto a Igrexa de San Nicolás de Neda do século XIV, que posúe un cruceiro dos más antigos de Galicia, logo retrocedemos para tomar á esquerda pola Praza da Reitoral e saír da Vila pola Avenida Morgado. Logo torcemos á dereita cara a estación do tren, pasando por debaixo da autoestrada e torceremos entón á esquerda,ata saír a estrada AC-115.

Seguimos por esa estrada uns metros cara á dereita e logo pola primeira á esquerda (camiño do Murallón), subimos por el ata o final. Torceremos a dereita baixando ata O puntal de Arriba, logo á esquerda por Conces, despois pola primeira bifurcación á esquerda ata a fonte e un lavadoiro, e despois á dereita, entrando no Concello de Fene.

Está eiquí: Home Informacion O Concello, nocións básicas