Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Convocatoria Asesmblea Aberta AAVV Ancos 01/10/2015

Pasados xa os cen días de marxe e cortesía que se dá ás novas corporacións e cumprindo co noso prantexamento de promove-la información e a participación, ‪#‎MOVENEDA‬ inicia unha rolda de ‪#‎AsembleasAbertas‬ para trasladar os veciños toda a información que se xerou neste primeiro trimestre de lexislatura.

A primeira destas asembleas abertas terá lugar este venres día 2, ás 20:30 horas no local da AAVV ‪#‎Ancos‬ na ‪#‎Muchiqueira‬. Os nosos concelleiros Leticia Iglesias e Juan C. Pita Galego trasladarán aos veciños información das decisións do goberno municipal, as propostas e mocións presentadas por #MOVENEDA e as nosas impresións e conclusións destes primeiros cen días de tripartito. Así mesmo, e cumprindo coa nosa proposta de transparencia renderemos contas de gastos e percepcións.

Do mesmo xeito, vos pedimos que traiades a debate temas de interese do concello ou da parroquia, propostas o denuncias que queirades que #MOVENEDA tramite ou trate no concello.

Agardando a vosa asistencia e participación, lembrade que con #MOVENEDA, a vosa opinión conta!
Saúdos.

Está eiquí: Home Asembleas abertas Convocatoria Asesmblea Aberta AAVV Ancos 01/10/2015