Qué é MoveNeda?

MoveNeda é unha iniciativa política popular, aberta, participativa e asamblearia.

Cal é o obxetivo?

Informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello

Cómo funciona?

MoveNeda baséase nun funcionamento democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta.

Cómo participar?

Acode ás asembleas abertas. Consulta eiqui as convocatorias ou contacta cos teus concelleiros de MoveNeda.

Resultado da Asesmblea Aberta en AAVV Ancos - A Muchiqueira

Ontes, no local da AAVV ‪#‎Ancos‬ na Muchiqueira, celebramos a primeira dunha nova rolda de ‪#‎AsembleasAbertas‬ onde os concelleiros de ‪#‎Moveneda‬ explicaron os veciños asistentes o traballo feito nestes primeiros tres meses de lexislatura, o debatido nos tres plenos celebrados, as mocions que se votaron, os escritos presentados e as respostas acadadas ate o de agora. Asimesmo informouse das percepcions, tanto persoais coma por grupo municipal e dos gastos electorais.

Cremos firmemente na participacion directa dos veciños e asociacions, na transparencia e na informacion exhaustiva e constante coma piares fundamentais pra un funcionamento democratico no concello, por elo, animanos os veciños a participar nas vindeiras asembleas, porque con #Moveneda, a tua opinion conta!

Está eiquí: Home Asembleas abertas Resultado da Asesmblea Aberta en AAVV Ancos - A Muchiqueira