Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
Galicia volve berrar #NuncaMais
- Detalles
- Publicado o 16 Octubre 2017
- Visto: 558
Galicia volve berrar #NuncaMais.
#LumeNuncaMais.
Lume Nunca Mais: concentracións contra os lumes
- Detalles
- Publicado o 16 Octubre 2017
- Visto: 397
Arde Galicia e non hai bandeiras nin falsos patriotismos que tapen a realidade da penosa política forestal e de prevención no País.Porque o noso monte importa e non nos resignamos a velo arder, este luns todos ás plazas para amosar o rexeitamento contra estes lumes que están a arrasar a nosa comunidade.
#LumeNuncaMáis.
Concentracion luns 16, as 20:00 en Ferrol, na praza Amada Garcia
https://i.gal/lumenuncamais
O incendio de Viladonelle, Anca e Narahio
- Detalles
- Publicado o 16 Octubre 2017
- Visto: 535
Imaxes do incendio que afectou a Viladonelle, Anca e Narahio
Brutal atentado con 215 mortos en Somalia
- Detalles
- Publicado o 15 Octubre 2017
- Visto: 607
Brutal atentado con 215 mortos en Somalia. Ainda que 10.662km separen Neda de Mogadiscio, non deixes que a distancia faga que sintas menos as víctimas.
Arde Galicia. Arde Ferrolterra.
- Detalles
- Publicado o 15 Octubre 2017
- Visto: 649
Arde Galicia. Arde Ferrolterra. Pero acontece algo raro: segundo a prensa, onde goberna o Partido Popular os incendios son culpa dos que os provocan e onde non goberna o PP é da inutilidade política das autoridades.
O millor era bon non votar ós que facilitan plantar eucaliptos, non evitan o abandono do monte ou despiden 500 brigadistas cando ainda hai días de perigo de lume.
#LembrateDoMonteCandoVaiasVotar
O PP négase a apoiar que Galicia sexa sede do Laboratorio europeo de moluscos
- Detalles
- Publicado o 13 Octubre 2017
- Visto: 587
O Partido Popular ven de dar outra puñalada trapeira a todos os galegos ó votar no Parlamento de Madrid en contra de que Galicia seña a sede do Laboratorio Europeo de Moluscos, pese a que somos o referente europeo na calidade e extracción, e termos no sector unha grande capacidade de crecemento.
No colmo da esquizofrenia política, o Partido Popular de Galicia votou a favor no Parlamento Galego.
Non é a primeira vez que o Partido Popular defende unha cousa en Galiza e a súa contraria en Madrid. Hai exemplos abondo deste comportamento, entre os recentes o do traspaso da AP9, onde o goberno popular vetou o debate dunha petición que era apoiada unanimemente do Parlamento galego. Pois o PP volveu facer outra destas viravoltas, desta vez a conta do Laboratorio europeo de moluscos, o laboratorio comunitario de referencia de contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos que actualmente está en Reino Unido.
Diario de Ferrol: Reunión de ACOUGA Consumidores E Usuarios cos afectados polo corte do servizo telefonico.
- Detalles
- Publicado o 12 Octubre 2017
- Visto: 573
O Diario de Ferrol faise eco na edicion de hoxe da reunión de asesores de ACOUGA Consumidores E Usuarios cos afectados polo corte do servizo telefonico de xuño, onde se explicou o proceso a seguir coas reclamacións en curso.
IMPORTANTE: Proceso de reclamacións pola avaría telefónica de xuño
- Detalles
- Publicado o 12 Octubre 2017
- Visto: 645
O pasado día 11 de outubro no Centro Civico tivemos unha reunión de afectados pola avaría sufrida en xuño. A causa foi o envío de comunicacións desde a Oficina de Consumo da Xunta coa apertura dun prazo de alegacións de 10 días hábiles contra os abonos efectuados pola empresa telefónica os técnicos de ACOUGA explicaron o seguinte:
- Se no prazo dos 10 días seguintes á recibir a notificación NON ALEGAMOS NADA contra as cantidades aboadas por Telefónica, quere decir que xa estamos dacordo co recibido e a reclamación se dará por finalizada.
- Se polo contrario NON ESTAMOS DACORDO coas cantidades recibidas, dentro deste prazo debemos presentar un documento de alegacións, por rexistro de entrada no Concello ou por correo-e, no que expresemos o noso rexeitamento a estas cantidades, e que conleva que a reclamación ante Consumo seguirá adiante. Nun prazo duns meses seremos citados para acudir a un acto de arbitraxe na oficina de Consumo en Ferrol e no que un árbitro será o que fixe a indemnización á que cada un ten dereito a percibir en función da súa cuota mensual.
- Para que dende ACOUGA poidan seguir adiante coa denuncia presentada ante a Comisión Nacional de Mercados y Competencia e que agora os derivan á Oficina de Atención de Usuarios de Telecomunicaciones necesitamos que asinedes un documento de autorización de representación e acompañalo dunha copia do DNI e que podedes facernolo chegar deixándonolo no buzón de correo de MOVENEDA que hai na planta baixa do Concello, enfronte da Policía Local.
Tanto o documento de alegacións como o da autorización de representación podedes descargalo no seguintes enlaces da nosa páxina web ou poñéndose en contacto con nós e trataremos de achegarvolos.
Desde MOVENEDA queremos animarvos a seguir adiante con este procedimento de reclamacións, máis que pola cantidade que pensemos que podemos percibir sexa máis ou menos importante, senon polo feito de facer ver que como veciños non aturamos este tipo de desplantes por parte de ningunha empresa e tratar que nun futuro non volvan a repetirse feitos desta magnitude no noso Concello.
aclaracións ó proceso de reclamacións avaría telefónica
- Detalles
- Publicado o 12 Octubre 2017
- Visto: 482
Durante a reunión de afectados de onte día 11 de outubro pola avaría sufrida en xuño, e ante o envío de comunicacións desde a oficina de Consumo da Xunta coa apertura dun prazo de alegacións de 10 días hábiles contra os abonos efectuados pola empresa telefónica os técnicos de ACOUGA explicaron o seguinte:
1. Se no prazo dos 10 días seguintes á recibir a notificación NON ALEGAMOS NADA contra as cantidades aboadas por Telefónica, quere decir que xa estamos dacordo co recibido e a reclamación darase por finalizada.
2. Se polo contrario NON ESTAMOS DACORDO coas cantidades recibidas, dentro deste prazo debemos presentar un documento de alegacións, por rexistro de entrada no Concello de #Neda ou por correo electrónico, no que expresemos o noso rexeitamento a estas cantidades, e que conleva que a reclamación ante Consumo seguirá adiante. Nun prazo duns meses seremos citados para acudir a un acto de arbitraxe na oficina de Consumo en Ferrol e no que un árbitro será o que fixe a indemnización á que cada un ten dereito a percibir en función da súa cuota mensual.
Xunta: axudas para estudos universitarios no Curso 2017/18
- Detalles
- Publicado o 11 Octubre 2017
- Visto: 424
A Xunta de Galicia ven de publicar no DOGA con data 2017-10-05 a orde para a convocatoria de axudas para estudos universitarios no Curso 2017/18 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
O enlace ao DOGA: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171005/AnuncioG0164-260917-0001_gl.pdf
Estade atentos, posto que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Hoxe martes 10, Asamblea Permanente
- Detalles
- Publicado o 10 Octubre 2017
- Visto: 545
Como xa é habitual este martes celebramos a Asamblea Permanente, onde discutiremos os asuntos do Concello acontecidos esta semana. Coma sempre, a reunión é aberta. Estades convidados a asistir.
Reclamación MOVISTAR: Xuntanza no Centro Civico, este mercores 11 as 19:30
- Detalles
- Publicado o 09 Octubre 2017
- Visto: 631
ATENCION. Ante a apertura por parte da Oficina de Consumo de Ferrol dun periodo de alegacións, convocamos novamente a todos os veciños afectados polo corte do servizo de Telefonica Movistar o pasado xuño, a unha xuntanza, este vindeiro mércores día 11 de outubro, as 19:30 horas, no Centro Cívico de Neda
Contaremos coa presenza de membros de ACOUGA Consumidores E Usuarios que nos asesorarán e resolverán dúbidas sobor dos pasos axeitados a seguir neste momento.
Por favor, difundide e compartide.
A Xunta de Galicia só paga a metade das insdemnizacións pola couza
- Detalles
- Publicado o 08 Octubre 2017
- Visto: 469
A Xunta de Galicia, a traveso de Medio Rural deixan sen pagar a metade das indemnizacións solicitadas polos afectados da couza na bisbarra de Ferrolterra. Novamente, o Partido Popular deixa abandoada a xente.
Foron aboadas 94 indemnizaciones pola couza da patata, a metade das solicitadas na bisbarra de Ferrolterra. En Lugo se pagaron 573. Os propietarios reciben 0,30 euros por cada kilo de tubérculo de consumo producido na explotación, 0,70 polas patacas de semente e 0,40 por cada metro cuadrado de superficie plantada que tiveron que levantar. Medio Rural anuncia que o día 11 se reunirá a comisión técnica de seguimento da polilla guatemalteca, integrada pola Xunta, a Fegamp, o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.
Axudemos o Concello: identifica onde fan falla traballos de limpeza e mantemento.
- Detalles
- Publicado o 04 Octubre 2017
- Visto: 460
Veciños e veciñas! Pedimosvos outra vez a vosa colaboración.
A idea e axudar ó Concello de Neda a elaborar unha lista de rúas onde nos, os propios veciños, consideremos que é necesaria unha limpeza en sumidoiros, arquetas, alcantarillas ou conduccións de augas da choiva, antes de que o inverno cree problemas. Enviade, por favor, unha foto, o nome da rúa e unha descripción do problema, ó noso Facebook ou ó noso email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Difundide e compartide! Grazas!
Concentracions de protesta contra da Lei de Depredacion de Galicia
- Detalles
- Publicado o 03 Octubre 2017
- Visto: 470
Hoxe houbo concentracións ás en tódalas cidades galegas, para protestar por esta lei que impulsa o Partido Popular de Galicia que pretende coller o noso territorio e regalarllo aos lobbies mineiros, eólicos e do eucalipto. Supón na práctica a legalización da corrupción e a súa facilitación mediante a supresión de trámites e informes para a constitución destas actividades.
#LeiDepredaciónGaliza
#CorrupciónLegal
Solicitude para as prácticas en empresas para menores de 30 anos
- Detalles
- Publicado o 03 Octubre 2017
- Visto: 388
A Xunta abre o prazo de solicitude para as prácticas en empresas para menores de 30 anos, cualificados e sen experiencia laboral.
Para máis información e ver a orde completa podedes pinchar no seguinte enlace Xunta - Solicitudes Practicas Empresas
Máis artigos...
- Palestra sobrev Procesos Participativos en Mugardos
- 86 anos do discurso de Clara Campoamor e o voto feminino.
- Continúa a prohibición de facer lume por mor da seca e a calor
- O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo
- Video do Pleno ordinario de setembrode 2017: retirada do titulo de Alcalde Honoraio a Franco
- Día Europeo das Linguas
- Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook
- Maquinaria de limpeza de rúas, por onde anda?
- 26 de setembro, Asamblea Permanente de Moveneda
- Máis de 2300 visitas e 500 usuarios distintos no ultimo ano na web de MOVENEDA
- Solicitude indemnizacion pola couza guatemalteca
- Video do Pleno ordinario de xullo de 2017
- Publicaciones en el Facebook de Moveneda
- Pleno Ordinario de setembro, este luns 25 ás 12 da mañá
- Informacion da Comision de Area de Servizos Sociais, Igualdade e Terceira Idade de setembro
- Xoves 7, Comision Informativa do Área de Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
- Pleno de 2017-05-29 - Debate de orzamentos 2017
- Novidades sobor das reclamación polo corte de servizo
- A FEMP lanza as mesnas propostas contra a despoboacion que o Goberno Triupartito de Neda lle rexeitou a MOVENDA
- As políticas de austericidio do PP empezan a dar os seus froitos
- A averia de MOVISTAR na prensa
- Parabens a ACOUGA pola sua victoria na demanda contra ABANCA
- A asamblea de veciños afectados, na prensa
- O problema do corte de telefono en Neda, na TVG
- A asamblea de veciños afectados, na Casa das palmeiras
- O alcalde, en COPE Ferrol
- MOVENEDA xa ten teléfono de contacto
- Os desbroces outra vez tarde, mal e a rastro
- A Xunta bota as culpas da súa incopetencia ós concellos
- Novo asasinato machista
- Retirada das patacas pola Couza
- Curso de Redes Sociales para negocios en Neda