Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
- Detalles
- Publicado o 04 Diciembre 2017
- Visto: 1071
Este e o resumo do que se tratou na pasada Comisión Informativa de Servizos Sociais, 3ª Idade e Igualdade realizada o día 17/11/2017 coa asistencia de todos os integrantes da comisión e coa presencia da Traballadora Social.
Informes e propostas da Presidenta, Ana Rosa Pena:
ESCOLA INFANTIL
- Neste momento hai 18 nenos matriculados.
- A Xunta aínda non fixo a inspección final tras a apertura, polo que as posibles modificacións nas instalacións aínda seguen á espera desta inspección.
- A Xunta segue sen asinar o convenio para a dotación do material da escola (+/- 18.000 €) que polo momento foi asumido polo Concello. De este equipamento pagouse unha factura pendente da antiga librería Galicia (1.286,33 €).
Cheques-agasallo Nadal:
- En 2016 o importe por neno foi de 75 € ; en 2017 ampliarase a 100 €.
- A antiga librería Galicia pasou ao cobro a factura de 750 € do Nadal anterior.
3 de Nadal, Dia Internacional da Discapacidade
- Detalles
- Publicado o 03 Diciembre 2017
- Visto: 812
Neste 3 de decembro, celebramos o #DiaInternacionalDiscapacidade, pola necesidade dunha sociedade accesible e incluínte, que permita ás persoas con discapacidade unha vida independente e activa. Derrubemolas as barreiras que impiden a súa plena integración.
25 aniversario do accidente do Mar Egeo
- Detalles
- Publicado o 03 Diciembre 2017
- Visto: 547
Cúmprense 25 anos do embarrancamento e incendio do Mar Egeo. Despois do Andros Patria, do Casón, o Urquiola... e o Prestige. Sempre os mismos accidentes, empeorados pola desidia e a neglixencia política. O Estado segue sen por medidas axeitadas para evitar estes desastres.
#NuncaMais
A sanidade de Feijoo: 11 meses pra unha consulta de urxencia no Sergas
- Detalles
- Publicado o 02 Diciembre 2017
- Visto: 635
Esta é a sanidade pública de Feijoo e o Partido Popular en Vigo, 11 meses de demora e a consulta foi pedida coma preferente. O Partido Popular aplica politicas que custan vidas. Son sociopatas, son criminais.
#PorUnhaSanidadePublica
#PorUnhaSanidadeDeCalidade
Nova entrevista ó alcalde Angel Alvariño na Televisión de Ferrol.
- Detalles
- Publicado o 01 Diciembre 2017
- Visto: 629
Queremos informar ós veciños que o Concello de Neda está a pagar mensualmente 726€ a empresa "Axencia Audiovisual Gallega de Comunicación SL". Esta empresa está intimamente ligada a #TVFerrol. O gasto ten o concepto de "Emisión de espacios publicitarios para el Concello de Neda". Evidentemente se esta a pagar polas entrevistas ó alcalde Angel Alvariño e a tenente de alcalde Ana Rosa Pena.
Dende MOVENEDA consideramos que estes gastos, máis que publicitarios, teñen unha evidente finalidade propagandística e partidista.
PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.
- Detalles
- Publicado o 01 Diciembre 2017
- Visto: 943
Publicamos o video completo do PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.
Dende o minuto 53 ( https://youtu.be/dcLjjRxh9aQ?t=3170 ) podedes ver a intervención dos concelleiros de MOVENEDA.
Antes xa presentamos 2 mocións que foron aprobadas, a primeira instando á Xunta de Galicia á derogación da Lei de Fomento de Medidas Empresariais e a segunda instando ao Concello á redación dunha Ordenanza de Protección Animal e Convivencia co gallo da recente aprobación da Lei de Benestar Animal.
O turno de Rogos e Preguntas foi usado coma Sesión Informativa e de Control ó Goberno toda vez que este tripartito ven de reducir as convocatorias de Comisións Informativas de Área o que dificulta o traballo da oposición e torpedea o máis básico funcionamento democrático da institución municipal.
Asamblea Aberta na Escola dos Foxos, no Roxal
- Detalles
- Publicado o 01 Diciembre 2017
- Visto: 672
Esta tarde, as 20:30 iniciamos na Escola dos Foxos, no Roxal, unha nova xeira de Asambleas Abertas coas que MOVENEDA tenta trasmitir e informar os veciños de toda a nosa actividade no Concello. Falaremos dos incendios, dos moitos gastos deste tripartito, das inversións do vindeiro ano, do acontecido no ultimo pleno e de calquera tema que teñades a ben propoñer a debate.
Porque nos SI creemos na participación directa, consciente e informada dos veciños, porque con nós a túa opinión e as tuas decisións SI que contan, #PARTICIPA!
PlenoOrdinario do Concello de Neda
- Detalles
- Publicado o 27 Noviembre 2017
- Visto: 570
Pleno Ordinario no Concello de Neda. Tan só 13 veciños no público. Verifícase que o cambio dos horarios dos plenos imposto polo tripartito esta a perxudicar gravemente a participación dos veciños na vida politica do Concello.
Nin PSOE nin BNG nin CG (Antonio Seijo) queren transparencia.
Homenaxe a Don Paco da Merced, o médico dos pobres
- Detalles
- Publicado o 26 Noviembre 2017
- Visto: 730
O vindeiro domingo 3 de decembro ás 12.30 h, Ofrenda Floral en homenaxe a Don Paco da Merced, "O médico dos pobres". O acto terá lugar na praza da Estatua de Don Paco. Convidamos a veciñanza a participar na lembranza desta relevante figura.
Ah, pero houbo un atentado? Onde?
- Detalles
- Publicado o 25 Noviembre 2017
- Visto: 462
Vos enteráchedes que onte houbo un atentado contra unha mezquita en Exipto que causou 235 mortos? Se non vos enterástes, o mapa de abaixo o explica todo.
Reunion de traballo en Mugardos cos deputados Anton Sanchez e Manuel Lago
- Detalles
- Publicado o 11 Noviembre 2017
- Visto: 542
Este venres asistimos a unha reunión en Mugardos cos parlamentarios de En Marea Manuel Lago e Anton Sanchez e os compañeiros de Iniciativa Cidadá de Mugardos. O obxetivo da mesma era avaliar e concretar propostas tamén dende Neda para incluir nos vindeiros presupostos da Xunta de Galicia.
Presentación da campaña #NedaEnNegro contra as violencias machistas
- Detalles
- Publicado o 09 Noviembre 2017
- Visto: 586
Como xa fixemos o ano pasado, chamamos a toda a veciñanza a unirse e participar nos actos e reivindicacions da campaña En negro contra as violencias que se van celebrar durante os vindeiros 15 días ate o 25 de novembro. Coma novidade salientable, cabe destacar que este ano o Concello de Neda tamén se une institucionalmente a esta campaña.
Se desexades participar, estade atentos porque iremos publicando as datas e horas dos diferentes actos a celebrar durante estes quince dias.
Por que #EnNegroContraAsViolencias ?
Esta campaña ten obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. Naceu no 2015, cando o Concello de Santiago de Compostela puxo a andar a campaña de sensibilización #CompostelaEnNegro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.
A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos e moitas entidades e plataformas máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización #EnNegro, contra as violencias, formaron parte da acción: Concello de a Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas.
Este ano xa somos máis de sesenta os concellos e infinidade de negocios, entidades e particulares que van situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.
Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos e entidades tan diversas, de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.
Poido participar individualmente?
Si, calquera pode participar na acción. Podes participar de diferentes formas: como portavoz; cubrindo de negro o teu lugar de traballo ou vivenda cara o exterior, con bandeiras ou calquera prenda de roupa negra; subindo ás redes sociais fotografías de accións que vexas pola rúa poñendo o cancelo #GaliciaEnNegro.
Xa son 43 as mulleres asasinadas este ano
- Detalles
- Publicado o 02 Noviembre 2017
- Visto: 684
Coa moza de 28 anos asasinada onte en Arona, Tenerife, xa son 43 as mulleres asasinadas este ano víctimas da violencia machista.
E o contador continuará a crecer porque os que gobernan non queren tomar medidas axeitadas e eficaces. Limítanse a poñer lacitos no Facebook e caras de compunxidos nas portas das institucións.
#MedidasXa
#QuerémonosVivas
#NinUnhaMenos
Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos: non os recortes do Partido Popular
- Detalles
- Publicado o 02 Noviembre 2017
- Visto: 509
Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos, é preciso mobilizarnos para impedir que caia en mans privadas. A Xunta de Galicia e o Partido Popular con Feijoo a cabeza buscan facer negocio á conta da nosa saúde. A precarización dos servizos sanitarios, cada vez máis acusada, é unha táctica para xustificar a súa privatización.
O sábado 18 de novembro ás 17hrs na Estación de tren de Compostela.
#NonADestruciónDaSanidadePúblicaGalega
Moveneda apoia a folga das traballadoras de Bershka: por un salarios dignos
- Detalles
- Publicado o 01 Noviembre 2017
- Visto: 620
As traballadoras de Bershka (Inditex) levan xa case unha semana en folga indefinida esixindo melloras laborais e salariais. Esta é a mensaxe dunha destas traballadores:
“Bos días! Son unha traballadora da empresa Bershka (inditex) da provincia de Pontevedra, levamos xa 3 días de folga indefinida pedindo que nos equiparen as condicións salariais e sociais as que teñen as nosas compañeiras da provincia da Coruña, que cobran mais e teñen mellores condicions sociais ca nos, a prensa non nos saca en ningún periódico..... de amancio so se fala das donacións.... e non se conta que o home máis rico do mundo ten as traballadoras das tendas en malas condicions... Pídovos difusión! Moitas grazas”
E agora, dúas fotos que xuntas se entenden moito millor.
Moveneda sobre do atentado en NY
- Detalles
- Publicado o 01 Noviembre 2017
- Visto: 487
O 15 de outubro un atentado terrorista segou a vida de 215 persoas inocentes en Mogadiscio. Onte, foron oito os cidadáns asasinados noutro ataque terrorista en Nova York.
Entre Neda e Nova York hai 5.290 kilómetros. Son case a metade dos 10.662 que hai ate a capital de Somalia.
A diferenza é que hoxe veremos os exercicios de hipocresía de prensa, partidos políticos e persoaxes variadas. Comprobaremos o cinismo dos que condean ou non segundo a distancia á que acontecen os atentados. Veremos ós fariseos rasga-las vestiduras cando hai dúas semanas calaron a boca.
Máis artigos...
- Moveneda nomea ós seus expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
- Xunta: axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes
- Campaña informativa do Concello: axudas ós veciños
- Estado da NON limpeza na zona da ribeira na Ostreira-Puntal.
- Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda
- Fotos da NON limpeza da ribeira maio vs setembro de 2017
- Limpeza de fincas en Pazos e Fabrica do Monte
- Moveneda leva o problema do lume de Viladonelle e Narahio o Parlamento de Galicia
- Xornada de formacion sobre Redes Sociais
- Bombeiros de Galicia: "A Xunta minte"
- Alerta laranxa por fenómenos meteorolóxicos
- Día Mundial do Cancro de Mama
- Queimar o monte: documental sobor dos incendios en Galicia
- Como o Partido Popular promove a depredacion e o expolio de Galicia
- Moveneda contra a Lei de Depredacion de Galicia que propon o PP
- Novo Boletin MOVENEDA, quentiño do forno...
- Galicia volve berrar #NuncaMais
- Lume Nunca Mais: concentracións contra os lumes
- O incendio de Viladonelle, Anca e Narahio
- Brutal atentado con 215 mortos en Somalia
- Arde Galicia. Arde Ferrolterra.
- O PP négase a apoiar que Galicia sexa sede do Laboratorio europeo de moluscos
- Diario de Ferrol: Reunión de ACOUGA Consumidores E Usuarios cos afectados polo corte do servizo telefonico.
- IMPORTANTE: Proceso de reclamacións pola avaría telefónica de xuño
- aclaracións ó proceso de reclamacións avaría telefónica
- Xunta: axudas para estudos universitarios no Curso 2017/18
- Hoxe martes 10, Asamblea Permanente
- Reclamación MOVISTAR: Xuntanza no Centro Civico, este mercores 11 as 19:30
- A Xunta de Galicia só paga a metade das insdemnizacións pola couza
- Axudemos o Concello: identifica onde fan falla traballos de limpeza e mantemento.
- Concentracions de protesta contra da Lei de Depredacion de Galicia
- Solicitude para as prácticas en empresas para menores de 30 anos