Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
RESULTADO DO PROCESO INTERNO DE PRIMARIAS DE MOVENEDA
- Detalles
- Publicado o 28 Marzo 2019
- Visto: 546
Celebramos esta pasada fin de semana, o noso proceso de eleccións #primarias para elaborar a candidatura electoral para as municipais de Maio. Poidose votar en dous turnos habilitados de maña e tarde. Participaron medio cento de veciños e veciñas, entre eles compre salientar o voto de varios menores de 18 anos, xa que abrimos ós mozos e mozas de máis de 16 anos a participación neste proceso interno.
Os resultados aproban o traballo feito na pasada lexislatura xa que ratifican a Juan Carlos Pita, como candidato á alcaldia, logo de exercer como voceiro do grupo municipal estes ultimos tres anos.
O proceso, con sistema de listas abertas, situou no número dous da lista ao outro concelleiro do grupo municipal #CarlosCaaveiro. Victoria Rodriguez, Álvaro Seco e Ángeles Sánchez ocuparán os postos do tres ó cinco. O resto da lista para as municipais se reconfigura e reforza con novas incorporacións ao equipo como Maria Teresa Pérez Grueiro, Neiva Tristao, Patricia Castro e Raquel Barro.
RECOLLIDA DE AVAIS
Dende xa nos poñenos a traballar na organización da recollida de avais, xa que ó non sermos un partido, a Lei Electoral vixente penaliza a participación política directa dos veciños e esixe, ao igual que hai 4 anos, a recollida de cen sinaturas como aval para a presentación da candidatura.
Esta recollida de sinaturas probablemente terá lugar a vindeira semana. Das data concretas vos manteremos informados, xa que esperamos contar coas vosas sinaturas para concluir o proceso de formación da candidatura.
Video do Pleno Ordinario do 22 de outubro
- Detalles
- Publicado o 22 Octubre 2018
- Visto: 771
Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado 22 de outubro de 2018. Neste pleno se deu aprobacion as proposta de adxudicacion das licitacions dos contratos de limpeza de edificios e locais municipais. Tamen o contrato do servizo de Axuda no Fogar.
Tamén se votaron varias mocións. Entre elas unha do BNG en apoio as persoas encausadas pola protesta no Pazo de Meiras.
Neste pleno, o Alcalde Alvariño non vetou as mocións de MOVENEDA, como aconteceu no anterior pleno. Debatironse e votaronse as seguintes:
- Moción presentada anteriormente, en concreto en marzo de 2017 e que estaba pendente de votación, para a modificación da ordenanza número 8 para dotar o Concello de Neda de ferramentas legais para cobrarlle un imposto as empresas electricas polo uso do dominio público. O PSOE, o PP e CG (Antonio Seijo) votaron en contra, o BNG abstivose. Deste xeito, estes grupos políticos prefiren que Neda quede atrás no proceso que seguen concellos como o de Naron ou o de Arteixo (gobernado polo PP) que xa teñen estas ferramentas e que permiten recaudar impostos a estas empresas e asi aliviar os que nos cargan os veciños.
A quen defenden o PSOE e o PP, as electricas ou á veciñanza?
A outra moción debatida foi a da defensa do sistema público de pensións. Esta moción foi presentada pola asamblea comarcal da Plataforma Estatal de Defensa das Pensións Públicas, e MOVENEDA asumíu a súa defensa. PP e PSOE volveron a poñerse dacordo para rexeitala.
A terceira moción de MOVENEDA pedía que nos procesos de contratación do Concello se incluisen nas valoracións de ofertas criterios sociais, medioambianentais, etc e non só se valore o factor prezo. Entre outras cousas pediamos que se valorase positivamente que as empresas licitadoras tivesen maioria de contratos fixos, maioria de contratos a tempo completo, que cumplisen a paridade de xénero, que non tivesen despidos improcedentes ou non contratasen a traves de ETTs. Todo medidas para protexer ao persoal das mesmas, que en definitiva son tamén parte da veciñanza do Concello.
Tamen pediamos que se valorase positivamente nos procesos de contratacion cuestions medioambientais, e mesmo que as empresas estiveses dotadas e aplicasen procedimentos de normalizacion linguistica.
PP e PSOE votaron en contra.
ROGOS E PREGUNTAS
Por ultimo no turno de rogos e preguntas, MOVENEDA volveu a facer a laboura de control democratico da accion de goberno con una bateria de preguntas e cuestions, toda vez que este tripartito segue a incumplir o acordado e non celebra as Comisións Informativas de Area, boicoteando a normal laboura de control da oposicion (da que traballa.)
No turno de interpelacións dos veciños a corporacion houbo duas interveción destacadas.
Dous veciños denunciaron a situacion da Agrupacion Parroquial, onde supostamente houbo un desfalco de cartos e acusacions cruzadas.
Tamen unha veciña interpelou o alcalde pedindo explicacións por no ser atendida en galego polos funcionarios do Concello. As desculpas e o compromiso do Alcalde de aclarar e corrixir o asunto, voaron polos aires coa intervención fóra de tono da Tenente de Alcalde Ana Rosa Pena, que chegou incluso a acusar á veciña de mentir, tal e como se recolle no vídeo.
Contas e transparencia: en MOVENEDA damos conta do que facemos cos cartos publicos
- Detalles
- Publicado o 05 Octubre 2018
- Visto: 727
Chegados a recta final da lexislatura, facemos un novo exercicio de rendición de contas e transparencia total da xestión dos cartos púbicos que recibe o grupo municipal e os vosos concelleiros.
Ingresos.
Como xa saberedes, ao ter dous concelleiros, temos consideración de GRUPO MUNICIPAL, e por iso, o Concello nos ingresa cada trimestre 738€, para sufragar gastos de funcionamento.
Un xuiz mófase e chama "bicho" e "hija puta" a unha víctima de violencia machista
- Detalles
- Publicado o 04 Octubre 2018
- Visto: 721
É unha vergoña a xustiza patriarcal deste país. Despois do medo e a dor que sufriu esta muller, despois de tomar a difícil decisión de denunciar, e atópaste con que a que xustiza te trata así?
A justiza este país é co-responsable dos asesinatos machistas.
O Poder Xudicial debe tomar medidas urxentes contra deste xuiz indecente.
Ligazón a noticia de El PAIS: CLICK EIQUÍ
Non á #JusticiaPatriarcal
#AManadaTamenLevaTogas
#NinUnhaMais
En negro contra as violencias
Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario
- Detalles
- Publicado o 03 Octubre 2018
- Visto: 662
Ter fillos escolarizados nalgún centro público de Neda, cunha renda per cápita mensual inferior aos 400 euros e levar empadroado no municipio polo menos seis meses son os principais requisitos para que as familias locais poidan acceder ás axudas convocadas polo Concello para a adquisición de libros de texto e material didáctico.
Arranca a campaña En negro contra as violencias,
- Detalles
- Publicado o 02 Octubre 2018
- Visto: 617
Neste mes de outubro empezamos a campaña En negro contra as violencias, lembrando o manifesto dos concellos o pasado ano.
#ContraAsViolencias
#GaliciaEnNegro
O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018
- Detalles
- Publicado o 03 Agosto 2018
- Visto: 744
Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.
Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocións para o seu debate e votación no mesmo dun xeito antidemocrático, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decisión. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".
Tratábase dun pleno ordinario, as mocións presentaronse como no resto da lexislatura antes da comisión previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG só pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participación e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.
Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacións dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacións anexas.
Minuto 3:00
Intolerable ataque ó funcionamento democrático do concello
- Detalles
- Publicado o 27 Julio 2018
- Visto: 620
Ante o intolerable ataque ao funcionamento democratico do Concello, Moveneda impugna a convocatoria do pleno de xullo.
Moveneda impugnou a convocatoria do pleno ordinario de xullo debido a que os partidos que forman o goberno: PSOE, BNG e CG, en complicidade do PP, tratan de impedir que se presenten e voten no pleno tres mocións presentadas por Moveneda. A primeira, relativa a inclusión de cláusulas sociais, éticas, merdioambientais e lingüísticas nos procesos de contratación do Concello. A segunda moción pide o apoio ós afectados pola presunta estafa de #OpelMotorkar ós seus clientes, e a terceira, de apoio ás pensións públicas impulsada pola Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra.
MOVENEDA denuncia un posible verquido na ría
- Detalles
- Publicado o 10 Julio 2018
- Visto: 906
Ante a video-denuncia que nos achegaron os veciños, MOVENEDA comunicou á Concelleira de Medio Ambiente, Begoña Balsa, o que semella é un verquido a ría na zona de Santa María. Agardamos a súa pronta resposta e que, no caso de confirmarse que é incontrolado e sen depurar, o Concello de Neda tome todas as medidas pertinentes.
#SalvemosARía
#DepuraciónDaRiaXa
Video do Pleno Ordinario do Concello Neda, 2018-05-28
- Detalles
- Publicado o 18 Junio 2018
- Visto: 800
Publicamos o video do ultimo pleno ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado 2018-05-28 Pleno Ordinario Concello Neda
Os puntos debatidos foron:
- Aprobación da acta anterior.
- Dacion en conta dos decretos da Alcaldía.
- Rectificacion anual do inventario municipal de ben e dereitos.
Xa como temas de mais calado:
- Aprobacion da Ordenanza Municipal de axudas á rehabilitación de vivendas no casco antigo de Neda
- Adhesion o Protocolo de actuacion da Xunta e a FEGAMP para fomento de creacion de empresas.
- Modificacion da Ordenanza Nº1 sobre bens inmobles IBI
- Modificacion da Ordenanza Nº3 do imposto de contruccions ICIO
- Modificacion da Ordenanza Nº14 do imposto de actividades economicas IAE
- Modificacion da Ordenanza Nº16 das taxas de utilizacion de pavillon e ximnasio municipal, escolas deportivas e culturais e sauna.
E por ultimo tivo lugar o turno de Rogos e Preguntas, no que os veciños, a traveso dos concelleiros de MOVENEDA, exercimos a necesaria laboura de control democrático da accion de goberno.
Como todos os martes: Asamblea Permanente
- Detalles
- Publicado o 29 Mayo 2018
- Visto: 632
Hoxe seguimos co noso traballo semanal, coa reunión da Asamblea Permanente, ás 20:45.
Hoxe imos falar de:
- Comisión de Contas.
- Análise do pleno.
- Preparación charla "A nosa enerxia" do xoves 31.
E outros temas de actialidade en Neda e na bisbarra.
Charla coloquio: por outro modelo (de consumo) enerxético
- Detalles
- Publicado o 28 Mayo 2018
- Visto: 693
Hai varios meses no pleno de Neda aprobamos unha moción pola cal o Concello se comprometía a diversificar os seus proveedores enerxéticos e sobre todo, que esta electricidade tivese orixe 100% renovable.
Nesta liña, este vindeiro xoves as 19:00 horas vos convidamos a participar nunha charla debate que terá por tema xeral os modelos enerxéticos alternativos, baseados na conciencia ecolóxica, na colaboración social, o control democrático dos recursos naturais e tamén cun pé no país, 100% galegos.
Os compañeiros da cooperativa galega Nosa Enerxía estaran na Casa Das Palmeiras e nos explicaran, entre outras cousas, os conceptos que atopamos nas nosas facturas eléctricas (traede a vosa!!), qué pagamos, de onde sae a enerxía, cómo se tarifa, quén e cómo se fixan os prezos, etc.
Será tamén a presentación da cooperativa no concello e vos poderedes informar do seu funcionamento, tarifas, obxetivos e os proxectos que esta a impulsar.
Convocatoria de Plenor Ordinario para o vindeiro 28 de maio
- Detalles
- Publicado o 21 Mayo 2018
- Visto: 657
Nos foi comunicada a convocatoria do Pleno Ordinario do mes de maio para o luns día 28 ás 12:00 h. Aparte dos cambios en algunhas das ordenanzas municipais, teremos sesion de Rogos e Preguntas nos que exerceremos a laboura de control democratico do goberno municipal.
20 de Maio: Dia Mundial das Abellas
- Detalles
- Publicado o 19 Mayo 2018
- Visto: 924
Neste 20 de maio celebrase o Dia Mundial das #Abellas. Para crear conciencia sobor da importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ó desenrolo sostenible. A polinización das flores é vital para a nosa alimentación e para a biodiversidade, pero as abellas, unhas das principais encargadas desta misión, están a desaparecer. Un 75% dos alimentos que consumimos dependen da polinización. Un 37% das poboacións de abellas en Europa están en declive.
As abellas son moito máis importantes do que pensamos. A produción de alimentos a nivel mundial e a biodiversidade terrestre dependen en gran medida da polinización, un proceso natural que permite que se fecunden as flores e dean así froitos e sementes. As abellas, xunto a outros insectos como bolboretas e abellóns, son unhas das grandes responsábeis deste proceso e, porén, as súas poboacións están diminuíndo a pasos de xigante.
2018-04-08 Pleno Ordinario do Concello de Neda (Aprobación Presupostos)
- Detalles
- Publicado o 09 Abril 2018
- Visto: 647
Publicamos o pleno ordinario do Concello de Neda correspondente ó 8 de abril de 2018, referido á aprobación dos presupostos municipais do exercicio 2018.
Queremos pedirvos desculpas por tardar catro meses en publicar o video. A grabación orixinal ocupa máis de 2,5Gb en tres cachos tivemos bastantes problemas técnicos para unilos e subilo.
Grazas pola vosa comprensión.
Celebrar unha Constitución que non se cumpre?
- Detalles
- Publicado o 06 Diciembre 2017
- Visto: 695
No Día da Constitución, día no que os mal chamados “partidos constitucionalistas” se enchen a boca de discursos valeiros, imos lembrar os artigos que eles mesmos non cumpren:
Artículo14: Igualdade
“Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social”.
Os indicadores apuntan a que, 39 años despois, a muller segue claramente discriminada respecto do home. A última EPA. Taxa de actividad: homes, 65,04%; mulleres, 53,13%. Taxa de paro: homes 14,80%; mulleres 18,21%. Só o 17% dos membros de consellos de administración das grandes empresas son mulleres. Por riba, outro artigo, o 57, da propia Constitución certigica na sucesión ó trono, que o preferido é “el varón a la mujer”.
Máis artigos...
- MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
- 3 de Nadal, Dia Internacional da Discapacidade
- 25 aniversario do accidente do Mar Egeo
- A sanidade de Feijoo: 11 meses pra unha consulta de urxencia no Sergas
- Nova entrevista ó alcalde Angel Alvariño na Televisión de Ferrol.
- PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.
- Asamblea Aberta na Escola dos Foxos, no Roxal
- PlenoOrdinario do Concello de Neda
- Homenaxe a Don Paco da Merced, o médico dos pobres
- Ah, pero houbo un atentado? Onde?
- Reunion de traballo en Mugardos cos deputados Anton Sanchez e Manuel Lago
- Presentación da campaña #NedaEnNegro contra as violencias machistas
- Xa son 43 as mulleres asasinadas este ano
- Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos: non os recortes do Partido Popular
- Moveneda apoia a folga das traballadoras de Bershka: por un salarios dignos
- Moveneda sobre do atentado en NY
- Moveneda nomea ós seus expertos para a Comisión Municipal de Memoria Histórica do Concello de Neda.
- Xunta: axudas para a reparación dos danos ocasionados pola vaga de lumes
- Campaña informativa do Concello: axudas ós veciños
- Estado da NON limpeza na zona da ribeira na Ostreira-Puntal.
- Aclaración sobre o contrato de limpeza da ribeira de Neda
- Fotos da NON limpeza da ribeira maio vs setembro de 2017
- Limpeza de fincas en Pazos e Fabrica do Monte
- Moveneda leva o problema do lume de Viladonelle e Narahio o Parlamento de Galicia
- Xornada de formacion sobre Redes Sociais
- Bombeiros de Galicia: "A Xunta minte"
- Alerta laranxa por fenómenos meteorolóxicos
- Día Mundial do Cancro de Mama
- Queimar o monte: documental sobor dos incendios en Galicia
- Como o Partido Popular promove a depredacion e o expolio de Galicia
- Moveneda contra a Lei de Depredacion de Galicia que propon o PP
- Novo Boletin MOVENEDA, quentiño do forno...