Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
Pleno Extraordinario, luns 29 de abril
- Detalles
- Publicado o 29 Abril 2019
- Visto: 694
Xa no pleno do Concello de Neda. Primeiro punto: modificación extraordinaria de crédito por mor da sentencia que anula un crédito co BBVA. O Grupo Municipal Populares de NEDA vota en contra da súa propia xestión e recoñece que a contratación por parte do goberno de Ignacio Cabezón dun crédito con clausulas tóxicas foi un erro.
Pleno Extraordinario, o vindeiro luns 29 de abril
- Detalles
- Publicado o 26 Abril 2019
- Visto: 740
Mañá luns dia 29 ás 12:00 terá lugar o Pleno Extraordinario do Concello de Neda na que se procederá ao sorteo das mesas electorais para as eleccións municipais de maio.
Así mesmo vaise tratar a modificación de crédito necesaria para proceder á cancelación do "crédito estrela" de 580.000€ asinado na época de Ignacio Cabezón e que un xulgado acaba de anular que legalmente se coñece por "error vicio", pero que básicamente é un producto bancario tóxico similar ás "preferentes", desgrazadamente moi coñecidas por moitas persoas.
Día do Libro
- Detalles
- Publicado o 24 Abril 2019
- Visto: 560
Os libros fante viaxar, imaxinar, compartir ideas, ter amigos e ser millor persoa. Non precisan bateria nin wifi, están sempre ahí, agardando por ti. Lembra que todo está nos libros; que o regalo seguro sempre é un libro, xa nin falar se é en galego.
#DiaDoLibro
Este luns 22, ASAMBLEA PERMANENTE
- Detalles
- Publicado o 21 Abril 2019
- Visto: 597
Tedes que perdoar, pero como xa é algo habitual, se nos olvidou lembrarvos que hoxe, a partires das 20:30 celebramos a Asamblea Permanente de Moveneda no noso local.
Imos falar da nosa candidatura para as Eleccións Municipais 2019 e o estado dos traballos e trámites. Tamén e outros asuntos de interese acontecidos estes días no Concello de Neda.
Como sempre, a reunión é aberta a toda a veciñanza. Acodide e participade.
Con #Moveneda a túa opinión SI que conta!
Seguimos sen dar eliminado as barreiras arquitectónicas
- Detalles
- Publicado o 17 Abril 2019
- Visto: 692
Un claro exemplo dos atrancos que podemos atopar polas aceras do Concello. Neste caso é na zona de Xuvia e varios veciños nos alertaron do seu estado, ademais de ser un perigo polo desnivel, a arqueta que recolle a auga está atascada e convirte a rampa nunha pista deslizante.
MOVENEDA xa presentara unha proposta para incluir nos orzamentos de 2017 unha partida de 40.000€ para a eliminación de barreiras arquitectónicas. Se aprobou, pero finalmente o grupo de goberno cambiou para o reasfaltado das rúas do casco urbano de Neda.
Se prometeu que se iría facendo unha eliminación progresiva destas barreiras, pero que na práctica quedou nunhas insuficientes 2 ou 3 actuacións.
GRAZAS
- Detalles
- Publicado o 11 Abril 2019
- Visto: 817
Onte pechamos o proceso de recollida de aváis para poder presentar candidatura electoral. Asinaron 125 persoas, 5 máis que hai catro anos.
É unha moi boa nova e un bó impulso cara ás eleccións.
#Grazas
#EleccionsMunicipais2019
Concello de Neda
Dimite a Valedora do Pobo, tras probarse intento de enchufismo
- Detalles
- Publicado o 04 Abril 2019
- Visto: 790
Volveu pasar. Outra institución máis desprestixada polo Partido Popular e Alberto Núñez Feijóo. Onde poñen as suas poutas, todo apodrece. Non importa cal sea a institución, todo lles serve. Pasan de ser instrumentos democráticos, da cidadanía, a ser instrumentos do PP, privados, para sacar proveito.
Podedes ler a nova completa en PLAZA.GAL:
O PP censura á mocidade no IES de Cedeira
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2019
- Visto: 896
Non contentos con tentar censurar e manipular a Crtvg, agora o PP de Galicia quere censurar á mocidade. É intolerable esta inxerencia e #censura á creatividade dos mozos. É inxustificable que as alumnas deste centro viran retirada a súa exposición de poesía. Onde quedou a liberdade de expresión?
A Xunta de Galicia amordaza á xuventude.
Todo o noso apóio ós alumnos e páis de alumnos do IES de Cedeira ante este ataque a liberdade de expresión.
Chegou o día: EL SILENCIO DE OTROS
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2019
- Visto: 918
E chegou o día. Hoxe faise historia. Despois de oito anos o documental El Silencio de Otros chega Televisión Española, á televisión pública, á de todos. Que as voces dos que foron silenciados #tornen en berro. Que todos os fogares se enchan se de memoria.
Lembrade, hoxe ás 22h, en La 2 de TVE.
Se queres que MOVENEDA estea nas elección, necesitamos o teu aval
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2019
- Visto: 794
Como xa sabedes, #MOVENEDA querémonos presentar ás eleccións municipais no Concello de Neda.
Ós partidos políticos non lles gusta que @s veciñ@s nos organicemos e participemos en política directamente, sen contar con eles. Por iso poñen todas as trabas legais posibles. Nós non somos un partido, somos veciños e veciñas comúns, coma ti, e por iso necesitamos que un mínimo de 100 veciñ@s asinen un aval.
Isto non supón ningún compromiso... só expresar a vontade de que #MOVENEDA poida presentarse ás eleccións. Evidentemente cada un pode votar o que desexe o día das eleccións.
A recollida de sinaturas é na Casa do Concello desde hoxe (3 de abril) ata o mércores (10 de abril), en horario de 9:00 a 14:30 (os sábados e domingos non). É imprescindible levar o DNI. Poden asinar os maiores de idade que estean #empadroados en #Neda.
Agradeceríavos que fixerades o esforzo e fórades a asinar.
Se tedes dúbidas, chamadenos ó tlfno 634 521 622.
Convocatoria Pleno Ordinario para o 1 de abril
- Detalles
- Publicado o 01 Abril 2019
- Visto: 696
Mañá luns dia 1 de abril ás 10:00 h, celebrase un dos últimos plenos desta lexislatura no Concello de Neda. Nel se vai proceder ó sorteo dos integrantes das mesas para estes procesos electorais nos que andamos inmersos.
Se queredes que traslademos algunha pregunta ó grupo municipal, podedes enviarnola por email ou chamando por tlfno. E lembrade que os plenos son abertos, polo que vos convidamos a asistir.
Asamblea permanente, hoxe as 20:30
- Detalles
- Publicado o 01 Abril 2019
- Visto: 670
Despois do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado esta mañá, esta tarde, a partires das 20:30h terenos tamén a reunión semanal da Asamblea Permanente.
Imos analizar o tratado no pleno, os traballos para o #BoletínMoveneda e preparación do período electoral que ven ahí diante.
Como sempre, lembrarvos que a xuntanza é aberta á participación da veciñanza para calquera asunto que consideredes.
RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA #TELEFÓNICA EN NEDA
- Detalles
- Publicado o 31 Marzo 2019
- Visto: 727
Nestes pasados días, a Oficina de Consumo de Ferrol empezou a notificar as resolucións ás 20 persoas que decidiron chegar ate ó final do proceso de reclamación pola avería telefónica sufrida en maio de 2017.
Polo momento temos constancia de 3 notificacións favorables, que obrigan ás compañias a pagar. Nalgún caso a indenmización pasou dos 29 € inicialmente abonados pola empresa, ata 159 €. As outras dúas cantidades varían entre os 56 e 140 €.
Agardamos que en vindeiras datas se reciban o resto das notificacions no mesmo senso.
Temos que agradecer os compañeiros de ACOUGA Consumidores E Usuarios, polo grande apoio e consellos que diron ós veciños de Neda neste caso. Grazas!
RESOLUCIÓNS DAS RECLAMACIÓNS POLA AVERIA TELEFÓNICA EN NEDA
- Detalles
- Publicado o 30 Marzo 2019
- Visto: 659
Nestes pasados días, a Oficina de Consumo de Ferrol empezou a notificar as resolucións ás 20 persoas que decidiron chegar ate ó final do proceso de reclamación pola avería telefónica sufrida en maio de 2017.
Polo momento temos constancia de 3 notificacións favorables, que obrigan ás compañias a pagar. Nalgún caso a indenmización pasou dos 29 € inicialmente abonados pola empresa, ata 159 €. As outras dúas cantidades varían entre os 56 e 140 €.
Agardamos que en vindeiras datas se reciban o resto das notificacions no mesmo senso.
Temos que agradecer os compañeiros de ACOUGA Consumidores E Usuarios, polo grande apoio e consellos que diron ós veciños de Neda neste caso. Grazas!
Voz de Galicia. Nota de prensa eleccións primarias
- Detalles
- Publicado o 30 Marzo 2019
- Visto: 1174
Hoxe recolle a nosa nota de prensa o xornal . Edición Ferrol, polo resultado das eleccións primarias da pasada fin de semán.
Pleno Ordinario o vindeiro luns 1 de abril, as 10:00h
- Detalles
- Publicado o 30 Marzo 2019
- Visto: 708
Mañá luns dia 1 de abril ás 10:00 h, celebrase un dos últimos plenos desta lexislatura no Concello de Neda.
Nel se vai proceder ó sorteo dos integrantes das mesas para estes procesos electorais nos que andamos inmersos.
Se queredes que traslademos algunha pregunta ó grupo municipal, podedes enviarnola por email ou chamando por tlfno.E lembrade que os plenos son abertos, polo que vos convidamos a asistir.
Máis artigos...
- RESULTADO DO PROCESO INTERNO DE PRIMARIAS DE MOVENEDA
- Video do Pleno Ordinario do 22 de outubro
- Contas e transparencia: en MOVENEDA damos conta do que facemos cos cartos publicos
- Un xuiz mófase e chama "bicho" e "hija puta" a unha víctima de violencia machista
- Ábrese o prazo para solicitar axudas para libros de texto e transporte universitario
- Arranca a campaña En negro contra as violencias,
- O pleno do veto antidemocrático - Xullo de 2018
- Intolerable ataque ó funcionamento democrático do concello
- MOVENEDA denuncia un posible verquido na ría
- Video do Pleno Ordinario do Concello Neda, 2018-05-28
- Como todos os martes: Asamblea Permanente
- Charla coloquio: por outro modelo (de consumo) enerxético
- Convocatoria de Plenor Ordinario para o vindeiro 28 de maio
- 20 de Maio: Dia Mundial das Abellas
- 2018-04-08 Pleno Ordinario do Concello de Neda (Aprobación Presupostos)
- Celebrar unha Constitución que non se cumpre?
- MOVENEDA informa da Comision de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
- 3 de Nadal, Dia Internacional da Discapacidade
- 25 aniversario do accidente do Mar Egeo
- A sanidade de Feijoo: 11 meses pra unha consulta de urxencia no Sergas
- Nova entrevista ó alcalde Angel Alvariño na Televisión de Ferrol.
- PlenoOrdinario do Concello de Neda, celebrado o pasado 2017-11-27.
- Asamblea Aberta na Escola dos Foxos, no Roxal
- PlenoOrdinario do Concello de Neda
- Homenaxe a Don Paco da Merced, o médico dos pobres
- Ah, pero houbo un atentado? Onde?
- Reunion de traballo en Mugardos cos deputados Anton Sanchez e Manuel Lago
- Presentación da campaña #NedaEnNegro contra as violencias machistas
- Xa son 43 as mulleres asasinadas este ano
- Por unha Sanidade Pública de calidade e para todos: non os recortes do Partido Popular
- Moveneda apoia a folga das traballadoras de Bershka: por un salarios dignos
- Moveneda sobre do atentado en NY