Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
O Partido Popular volvese anarquista e expropiara casas
- Detalles
- Publicado o 05 Mayo 2017
- Visto: 301
O Grupo Municipal Populares NEDA lleva uns días enchendo o seu Facebook con multiples ocorrencias nunha ofensiva publicitaria tan intensa como escasas son as súas propostas pra Neda.
Pero hoxe resulta particularmente cómico que os tradicionais valedores da "propiedade privada" adianten pola esquerda a anarquistas e comunistas e propoñan a expropiación de vivendas abandoadas.
O que debería facer o Partido Popular de Galicia e pagarlle dereitos de autor ó BNG e a Anxo Quintana, que xa en 2008 fixera esta mesma proposta.
O curioso é que daquela o PP saíu en tromba a criticala.
A coherencia e PartidoPopular son termos antagónicos.
Nota de prensa o rente do retraso nos desbroces dos camiños
- Detalles
- Publicado o 05 Mayo 2017
- Visto: 334
A La Voz de Galicia publica hoxe unha Nota de Prensa de Moveneda ó respecto das tarefas de desbroce no Concello de Neda.
A nota enviada foi a seguinte:
"Desbroces:
No ano 2015 a limpeza e desbroce dos camiños no Concello de Neda retrasouse máis aló do final do verán porque o goberno tripartito estaba recén chegado e precisaba de tempo pra poñerse ó día. En 2016 a limpeza tamén se retrasou máis do que era prudente por diferenzas coa empresa encargada, polos criterios no contrato ou no alcance e extensión dos traballos.
#MOVENEDA considera que pra esta terceira campaña de limpeza preventiva, e co alto risco de incendio que apuntan as condicións meteorolóxicas, non caben máis excusas, por iso, pra este ano 2017 agardamos que se fagan os traballos no tempo e prazo axeitados.
E xa vai sendo hora, porque, noutros concellos, como o de San Sadurniño, xa teñen os traballos ben avanzados. (Ver fotografía adxunta)".
Praza de policía local en Cabanas
- Detalles
- Publicado o 03 Mayo 2017
- Visto: 1295
Anuncio da convocatoria dunha praza de policía local en Cabanas. Prazo de presentación de solicitudes 20 días naturais a partir da publicación do Boletín Oficial do Estado.
O enlace:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/05/03/2017_0000003514.pdf
A limpeza de camiños, outra vez tarde
- Detalles
- Publicado o 03 Mayo 2017
- Visto: 384
En 2015 a limpeza e desbroce dos camiños no Concello de Neda retrasouse porque o goberno tripartito estaba recén chegado e necesitaba tempo pra poñerse ó día. En 2016 a limpeza retrasouse por cousas da empresa, polo contrato, por esto ou por estoutro. Pra este ano 2017 agardamos que se faga no tempo e prazo axeitados.
Porque, mentres, en outros concellos como San Sadurniño, xa teñen os traballos ben avanzados.
Rendicion de contas e transparencia: ingresos e gastos de MOVENEDA
- Detalles
- Publicado o 30 Abril 2017
- Visto: 403
Os veciños temos dereito a coñecer que se fai cos nosos cartos, especialmente cos que o Concello gasta nos grupos municipais e nas indemnizacións ós concelleiros. En aras da transparencia e da información, facemos públicas as contas de ingresos e gastos de MOVENEDA.
Despois de dous anos seguimos a gardar por similares exercicios de rendición de contas e transparencia do resto de grupos municipais e dos seus cargos. Ate o día de hoxe, nin PSOE, nin PP ou BNG teñen feito pública declaración algunha de ingresos e gastos, nin do que fan cos cartos recibidos do Concello, en contra do que dicían nos seus programas electorais.
Se precisades de calquera aclaracion ou mais informacion, non dubidedes en solicitarnola, estaremos gustosos de vos informar ate o detalle.
Solicitude das indemnizacións pola destrucción da pataca
- Detalles
- Publicado o 27 Abril 2017
- Visto: 411
OLLO!!!! Xa se poden solicitar as indemnizacións pola destrucción da pataca!!! Tedes o formulario de solicitude ó final do texto da orde, podendo presentarse a través da internet ou no Concello de Neda. A norma fixa os baremos das indemnizacións.
Tede en conta que o prazo para a presentar solicitudes deu comenzo onte xoves día 27 de abril e remata o día 30 de setembro.
O texto da orde: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/20590/dog-publica-indemnizacions-pola-destrucion-pataca-afectada-pola-couza-guatemalteca
O formulario: http://www.moveneda.org/images/AnuncioG0426-200417-0001_gl_2.pdf
O alcalde Alvariño, no seu xa habitual publireportaxe en Ferrol Television
- Detalles
- Publicado o 26 Abril 2017
- Visto: 356
O alcalde, fai un repaso triunfalista ás últimas actuacións da corporación no que xa ven a ser o publireportaxe mensual fixo en Ferrol Televisión.
Roubos en Anca
- Detalles
- Publicado o 25 Abril 2017
- Visto: 461
A Guardia Civil ven de avisar de vários roubos perpetrados estes últimos días en casas na zona de Anca e Vilar, polo que pregan extremar precaucións e avisar tanto ó Cuartel de Fene (981 34 00 94) ou á Policia Local de Neda (639 151 417 / 981 380 039) no caso de detectar calquera movemento sospeitoso.
MOVENEDA levará várias propostas á vindeira Comisión de Área de Seguridade Cidadá ó rente destes acontecimentos.
AVISO: A Xunta non autoriza as queimas den de hoxe
- Detalles
- Publicado o 10 Abril 2017
- Visto: 12944
Importante: Tede en conta que dende hoxe, e ate novo aviso, a Xunta de Galicia non autoriza as queimas agrícolas e forestais por risco de incendio.
Contra la tiranía de la regla del gasto
- Detalles
- Publicado o 10 Abril 2017
- Visto: 428
Vos deixamos un interesante artigo que explica unha das máis nocivas consecuencias nacidas da reforma do Artigo 135 da Constitución: a regra de gasto. Unha imposición neoliberal que afoga a marxe de manobra de concellos coma o de Neda, que vense obrigados a desviar carto publico, o superavit, cara os bancos, e impide facer políticas públicas e sociais.
ElDiario.es: Contra la tiranía de la regla del gasto
Os pequenos concellos gañan unha batalla millonaria ás eléctricas
- Detalles
- Publicado o 09 Abril 2017
- Visto: 373
O Supremo avala unhas ordeanzas municipais que costarán ás empresas de enerxía uns 50 millóns de euros.
El Pais: "Un grupo de pequeños municipios han ganado una larga batalla judicial contra las grandes compañías energéticas. Todos tienen una cosa en común: en los terrenos que rodean su perímetro urbano pasan líneas eléctricas o canalizaciones de gas por las que las propietarias nunca han tenido que pagar un céntimo. Pero estos Ayuntamientos decidieron retarles defendiendo una ordenanza municipal que creaba un nuevo impuesto para cobrarles por el uso de su suelo. Ahora el Tribunal Supremo ha fallado en 16 sentencias distintas a favor de 14 pueblos y da luz verde a un tributo que, si lo aplican más municipios, podría llegar a costar a las empresas del sector hasta 50 millones de euros."
O artigo completo: http://economia.elpais.com/economia/2017/03/28/actualidad/1490726512_874795.html
Praza Publica - 2017: O ano dos plenos locais retransmitidos en directo?
- Detalles
- Publicado o 06 Abril 2017
- Visto: 332
Vos pasamos un interesante artigo de Praza Pública que aporta datos e argumentos sobor da grabación e emisión dos plenos en deputacións e concellos coma o de Neda.
2017: O ano dos plenos locais retransmitidos en directo?
#GrabaOTeuPleno
#MovenedaTV
Derradeira charla pola Vespa Velutina
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2017
- Visto: 354
As 13:20 horas teremos a derradeira charla e taller sobor das Vespas Velutinas coa rapazada do IES Fernando Esquío.
Imoslles levar un exemplo dos niños que construen estes bichos. Van a alucinar!
Parabéns: eliminouse unha barreira arquitectónica
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2017
- Visto: 398
Cando se fan mal as cousas, decimolo, igual que cando se fan ben. Tamén se dí que as cousas do palacio van despacio, e as veces no Concello de Neda un chisquiño máis. Por elo queremos felicitar ó concelleiro #AntonioSeijo. Tan só lle levou tres meses quitar unha barreira arquitectónica.
Dende Moveneda solicitamos a retirada do deposito de aceite da beirarrúa nunha Comisión de Área de decembro. Neste tempo tivo que loitar contra atrancos imponderables que dificultaron a retirada, como que non daban "atopado a chave" ou que o operario que ía retirar o depósito estaba moi ocupado... etc.
Seica nestes días pasados, por fin, debeu darse unha alineación astrolóxica propicia e puido retirarse o molesto depósito pra detrás do valado.
Parabéns, e a seguir así, con este bó ritmo de traballo.
AVISO: reunion da Asamblea Permanente hoxe luns 03-04-2017
- Detalles
- Publicado o 03 Abril 2017
- Visto: 432
AVISO: A habitual reunion dos martes da Asamblea Permanente na Abacería, pasase a hoxe lúns día 3 de marzo. Coma sempre, a reunión é aberta a todos aqueles que desexen aportar ou comentar algun tema do seu interese.
Máis artigos...
- Pleno ordinario de 2017-03-27, moción das eléctricas, moción medidas a prol de novos empadroamentos e declaración de apoio ao IES Castro da Uz.
- A Deputación esixe en pleno un tren Ferrol-A Coruña «digno»
- IMPORTANTE: modificacion do lugar da ITV Agricola: muda a San Isidro
- Asinar recortes cunha man, queixarse coa outra
- Querémonos vivas e libres
- Charla e taller sobor da Vellutina no IES Fernando Esquío
- Deu comezo o pleno ordinario, sigue a actividade no noso twitter
- Feijóo nega a un concello de En Marea axudas por inundacións que sí receben os dol PP
- Alcaldes de nove concellos esixen melloras na conexión do tren Ferrol-A Coruña
- O alcalde Alvariño, entrevistado de novo na Television Ferrol
- Nova alerta laranxa por neve no interior e temporal na costa
- Convocado pleno ordinario pra o vindeiro luns 27 de marzo
- A xestion directa dos veciños, mais eficiente segundo o Banco de España
- El BdE sostiene que la democracia directa reduce un 8% el gasto público
- Asamblea Permanente e preparacion do vindeiro Pleno Ordinario
- Moveneda únese a outras 100 candidaturas da Rede Municipalista Contra A Débeda e os Recortes
- Xeira informativa en Vilaba sobor da xestion publica da auga
- O Concello recoñece a nosa solicitude de anulacion
- Adeus, Ramón.
- Informar os veciños ou facer que informas
- Asamblea Permanente de Moveneda, martes 14
- Charla no Ateneo Ferrolan: Coñece a tua factura da luz
- 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega
- 9 de Marzo: Folga Xeral Educativa
- Todos os días son 8 de Marzo
- Folleto informativo sobor da Couza e Real Decreto do Goberno Central
- Agricultura aproba o decreto que obriga a destruír os cultivos afectados pola couza da pataca
- Charla no Centro Civico sobor da Couza Guatemalteca
- Martes 7, Comision de Area de Obras Servizos, Parques e Xardins
- Charla sobor da Couza no Roxal
- Moveneda impugnou hoxe a convocatoria da reunion da Comision informativa de Area de Deportes, Seguridade cidadá por convocarse fora de prazo
- Solicitudes impulsadas polos veciños, por rexistro no Concello