Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
Palestra sobrev Procesos Participativos en Mugardos
- Detalles
- Publicado o 02 Octubre 2017
- Visto: 423
Os compañeiros de Iniciativa Cidadá de Mugardos organizan este venres as 19:00 horas unha palestra sobre os procesos participativos para decidir onde invisten os concellos, para achegar os gobernos á veciñanza e as experiencias que xorden do día a día dun novo xeito de goberno.
A Coruña e Compostela serán as que protagonicen o primeiro acto dun novo curso político que iniciamos con folgos renovados.
Para iso contarán coa presenza de compañeiros de Marea Atlántica e Compostela Aberta que nos explicarán as experiencias nas que hoxe xa son cidades construídas en común coa cidadanía.
Tedes unha cita este venres, ás 19:30!
Difunde e comparte!
86 anos do discurso de Clara Campoamor e o voto feminino.
- Detalles
- Publicado o 02 Octubre 2017
- Visto: 536
Cumprense 86 anos do discurso de Clara Campoamor nas Cortes da II Republica. Como acontece hoxe, unha parte dos partidos politicos consideraban que era ilegal votar certas cousas ou que votase unha parte da poboacion. Daquela eran as mulleres.
"Aunque no queráis y si por acaso admitís la incapacidad femenina, votáis con la mitad de vuestro ser incapaz. Yo y todas las mujeres a quienes represento queremos votar con nuestra mitad masculina, porque no hay degeneración de sexos, porque todos somos hijos de hombre y mujer y recibimos por igual las dos partes de nuestro ser, argumento que han desarrollado los biólogos. Somos producto de dos seres; no hay incapacidad posible de vosotros a mí, ni de mí a vosotros […] Desconocer esto es negar la realidad evidente. Negadlo si queréis; sois libres de ello, pero sólo en virtud de un derecho que habéis (perdonadme la palabra, que digo sólo por su claridad y no con espíritu agresivo) detentado, porque os disteis a vosotros mismos las leyes; pero no porque tengáis un derecho natural para poner al margen a la mujer".
#ClaraCampoamor
O discurso integro eiquí: Discurso Clara Campoamor
Continúa a prohibición de facer lume por mor da seca e a calor
- Detalles
- Publicado o 29 Septiembre 2017
- Visto: 449
A Xunta lémbranos que se mantén ata novo aviso a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais, tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.
O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo
- Detalles
- Publicado o 29 Septiembre 2017
- Visto: 432
Tras queixas dos veciños, en Marzo, MOVENEDA meteu por rexistro no Concello unha solicitude para a limpeza das arquetas e alcantarillas da rúa Rio Belelle e as paralelas. En setembro nos atopamos que o estado das mesmas segue igual.
Interpelado no pleno do lunes pasado o Concelleiro de Obras e Servizos o Sr. García Cordero nos contesta o seguinte:
- "Se estan limpiando. [ ] En Rio Belelle no hay ninguna que no funcione. [ ] Se fueron mirar. [ ] No hay ninguna que esté como la fotografía."
Podedes ver e escoitar a pregunta de Carlos Caaveiro, concelleiro de Moveneda e a resposta no video (Minuto 36:45)
É certo que a cuadrilla de operarios do Concello estan a facer moi boas e intensivas labouras de reparacións e mantementos. Pero neste caso pensamos que o concelleiro Cordero equivocouse ou estaba mal informado.
Coma podedes comprobar nas fotos, o estado da alcantarilla O MESMO LUNS do Pleno non corresponde có afirmado por parte do Goberno Tripartito. Para que non haxa dúbidas, ontes voltamos a sacar a foto cunha irrefutable proba da fecha na que foi sacada. O estado é identico dende Marzo. E isto acontece tamén en outras rúas do concello, coma a Avenida de Alxeciras (3 ultimas fotos), onde tamén atopamos alcantarillas tupidas sen limpar.
O que pedimos dende MOVENEDA e:
- PLANIFICACION deste tipo de traballos periódicos: desbroces, limpezas e mantementos preventivos.
- VERIFICACION de que estes traballos se fan correctamente e nun tempo axeitado, especialmente cando son contratos con empresas de servizos.
Video do Pleno ordinario de setembrode 2017: retirada do titulo de Alcalde Honoraio a Franco
- Detalles
- Publicado o 27 Septiembre 2017
- Visto: 555
Publicamos o video do Pleno Ordinario celebrado no Concello de Neda esta pasado luns dia 25 de setembro. Un dos asuntos importantes que se tratou nel foi a mocion do BNG acerca do Pazo de Meiras e a retirada do titulo de Alcalde Honorario de Neda que ate o de agora ostantaba o dictador Francisco Franco.
No turno de Rogos e Preguntas os concelleiros de Moveneda interpelaron os membros do goberno tripartito acerca de do control do cumplimento dos contratos de servizos coma desbroces e limpeza.
Día Europeo das Linguas
- Detalles
- Publicado o 26 Septiembre 2017
- Visto: 368
A variedade lingüística é das meirandes riquezas de Europa e unha das máximas expresións de evolución humana. Todas e todos debemos esforzarnos por conservarlas e usarlas porque son cultura, son diversidade.
A lingua galega é nosa. Somos nós. Nos define no mundo. No Día Europeo das Linguas, fagamos conciencia da enorme riqueza que temos; valoremos, usemos, compartamos, espallemos a nosa lingua!
Nos En Galego!
Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook
- Detalles
- Publicado o 25 Septiembre 2017
- Visto: 357
A Biblioteca Municipal de Neda estrea páxina en Facebook. Se lle damos ó Me Gusta, poderemos coñecer as novidades que van chegando ás estanterias e as actividades que programan.
https://www.facebook.com/bibliotecaneda/
Maquinaria de limpeza de rúas, por onde anda?
- Detalles
- Publicado o 25 Septiembre 2017
- Visto: 369
VECIÑOS e VECIÑAS!
Precisamos de axuda.
No Pleno de hoxe, e coma resposta a unha pregunta de Moveneda, o Concello afirma que a máquina da foto limpa habitualmente as nosas rúas.
Alguen a viu funcionar? Por onde?
Difundide e compartide, a ver se algún a da atopado.
Grazas pola vosa colaboración.
26 de setembro, Asamblea Permanente de Moveneda
- Detalles
- Publicado o 25 Septiembre 2017
- Visto: 417
Vos convidamos a participar na Asamblea Permanente de Moveneda, a reunión semanal onde analizamos o acontecido no Concello e a actividade política a levar a cabo. A reunión é aberta.
Se tes algún asunto de interese, un problema que queiras trasladar ó Concello ou simplesmente queres participar e da-la túa opinión, estás convidado.
Entre outros temas, trataremos:
- Boletín MOVENEDA
- Pleno Ordinario
- Actividades
Máis de 2300 visitas e 500 usuarios distintos no ultimo ano na web de MOVENEDA
- Detalles
- Publicado o 25 Septiembre 2017
- Visto: 375
Grazas a todos os que visitachedes a nosa web MOVENEDA.ORG no ultimo ano pra informarvos do que acontece políticamente no Concello de Neda. En total foron máis de 2300 visitas de 533 visitantes distintos. Cos modestos medios dos que dispoñemos, é un orgullo que o noso traballo reciba a confianza de tanta xente.
Grazas.
Solicitude indemnizacion pola couza guatemalteca
- Detalles
- Publicado o 25 Septiembre 2017
- Visto: 356
ATENCION, IMPORTANTE!
Aínda estádes a tempo de solicitar as indemnizacións pola destrucción de pataca afectada pola couza guatemalteca.
O prazo remata o vindeiro luns.
Pra máis información visitade a páxina web da Xunta.
Folleto informativo: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170426/AnuncioG0426-200417-0001_gl.pdf
Video do Pleno ordinario de xullo de 2017
- Detalles
- Publicado o 24 Septiembre 2017
- Visto: 428
Para todos aqueles que non podedes asistir ós plenos, sobor de todo tras do cambio de horarios, publicamos o video grabado no Pleno Ordinario celebrado o pasado 31 de xullo de 2017.
Vos lembramos que mañá día 25 de setembro está convocado o seguinte Pleno, on de se vai discutir unha mocion sobor do Pazo de Meirás, entre outros temas.
Pleno Ordinario de setembro, este luns 25 ás 12 da mañá
- Detalles
- Publicado o 21 Septiembre 2017
- Visto: 404
O Concello de Neda convoca o Pleno Ordinario do mes de setembro para este luns día 25 ás 12 da mañá.
Coma sempre, e convencidos de que os veciños temos moito que dicir na vida política do noso concello, vos animamos a asistir e a participar na sección de Rogos e Preguntas.
Antes debateranse dous puntos interesantes, o establecemento dos festivos municipais pra 2018 e unha moción do BNG sobor do Pazo de Meirás.
Comparte e difunde!
Informacion da Comision de Area de Servizos Sociais, Igualdade e Terceira Idade de setembro
- Detalles
- Publicado o 15 Septiembre 2017
- Visto: 437
Celebrouse o pasado 7 de setembro esta comision informativa presidida pola concelleira Pena Barcia.
- O primeiro informe que presentou ia referido a apertura da Escola Infantil, cun detallado dos gastos de mobiliario e dotacións, que foron asumidos polo Concello xa que o convenio coa Xunta de Galicia ainda non foi asinado.
- Neste momento hai 14 nenos matriculados, dos cales 3 obtiveron subvención e outros 2 estan a ser avaliados, con posibilidades de que se lles conceda.
- Informouse da limpeza do centro, asignado temporalmente a un traballador autonomo de Neda por duas horas diarias.
Xoves 7, Comision Informativa do Área de Servizos Sociais, Terceira Idade e Igualdade
- Detalles
- Publicado o 04 Septiembre 2017
- Visto: 408
Convocouse pra este vindeiro xoves as 13:00 horas, na Casa do Concello, a reunion da Comision De Area de Asuntos Sociais, Terceira Idade e Igualdade.
Lembrade que se tedes calquera consulta ou queixa pra trasladar a concelleira Pena, podedes remitirnola por correo (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou ben chamandonos ou por WhatsApp no numero de Moveneda .
Máis artigos...
- Pleno de 2017-05-29 - Debate de orzamentos 2017
- Novidades sobor das reclamación polo corte de servizo
- A FEMP lanza as mesnas propostas contra a despoboacion que o Goberno Triupartito de Neda lle rexeitou a MOVENDA
- As políticas de austericidio do PP empezan a dar os seus froitos
- A averia de MOVISTAR na prensa
- Parabens a ACOUGA pola sua victoria na demanda contra ABANCA
- A asamblea de veciños afectados, na prensa
- O problema do corte de telefono en Neda, na TVG
- A asamblea de veciños afectados, na Casa das palmeiras
- O alcalde, en COPE Ferrol
- MOVENEDA xa ten teléfono de contacto
- Os desbroces outra vez tarde, mal e a rastro
- A Xunta bota as culpas da súa incopetencia ós concellos
- Novo asasinato machista
- Retirada das patacas pola Couza
- Curso de Redes Sociales para negocios en Neda
- O Partido Popular volvese anarquista e expropiara casas
- Nota de prensa o rente do retraso nos desbroces dos camiños
- Praza de policía local en Cabanas
- A limpeza de camiños, outra vez tarde
- Primeiro de Maio
- Rendicion de contas e transparencia: ingresos e gastos de MOVENEDA
- Solicitude das indemnizacións pola destrucción da pataca
- O alcalde Alvariño, no seu xa habitual publireportaxe en Ferrol Television
- Roubos en Anca
- AVISO: A Xunta non autoriza as queimas den de hoxe
- Contra la tiranía de la regla del gasto
- Os pequenos concellos gañan unha batalla millonaria ás eléctricas
- Praza Publica - 2017: O ano dos plenos locais retransmitidos en directo?
- Derradeira charla pola Vespa Velutina
- Parabéns: eliminouse unha barreira arquitectónica
- AVISO: reunion da Asamblea Permanente hoxe luns 03-04-2017