Benvidos a web de MoveNeda! - Movimento Veciñal Neda
O goberno de coalición anuncia que 10.000 vivendas da #SAREB van adicarse a aluguer social.
- Detalles
- Publicado o 17 Febrero 2021
- Visto: 180
O goberno de coalición ven de anunciar esta mañá que 10.000 vivendas da SAREB van ser postas a disposición da xente, para aluguer social. Non podemos estar máis dacordo coa medida, un logro da presión da ala esquerda do goberno central e de organizacións en defensa da vivenda pública como a PAH.
Tamén lembraredes que foi unha das propostas de MOVENEDA na pasada campaña electoral: que o Concello de Neda
xestione a cesión por parte da SAREB dos pisos que este organismo público ten en Neda e cree unha bolsa municipal de aluguer social. Aínda máis, propuxemos que o futuro Centro de Día de Neda se sitúe nos baixos deses edificios, polo que é necesario que tamén a Xunta de Galicia poña da súa parte.
Agardamos que o alcalde Alvariño convoque a todos os grupos políticos de Neda a unha xuntanza para debater como empezar a dar pasos para que esas #vivendas se poidan poñer canto antes a disposición de novos veciños.
Plan de axuda social: O que agocha o triunfalismo de Alvariño
- Detalles
- Publicado o 12 Febrero 2021
- Visto: 274
Dos 85.000 euros anunciados polo Concello de Neda en axudas do Plan Social da Deputación, pouco máis de 7.000€ proceden de fondos propios. O alcalde dicía en campaña electoral que as arcas municipais estaban saneadas e con #superávit. Entón, volvemos a preguntarnos, por qué o concello só pode aportar eses 7.000 €?
Un dos anuncios é o de destinar uns 9.000€ á contratación dunha persoa para reforzar as tarefas administrativas dos Servizos Sociais. Se o goberno de #Alvariño tivera cuberto neste seis anos parte das prazas vacantes do persoal do Concello, agora non se necesitaría este reforzo e poderían adicarse estes cartos a outras temas, como as axudas a persoas sen fogar ou situación precaria.
Ademais en MOVENEDA non compartimos que as administracións públicas contribúan a #empeorar as condicions laborais dos traballadores, xa que este contrato vai ser a tempo parcial. A administración debe dar exemplo e fomentar o emprego en condicions dignas.
Por suposto, parecenos perfecto o anuncio das exencións fiscais e de taxas, e as axudas a familias para pagar alugueres e outros gastos, xa que son moi necesarias, pero esperemos que non pase como coas axudas da Deputación a pequenas empresas e autónomos que aínda non son efectivas.
Hai case un ano, dende MOVENEDA fixemos unha batería de propostas de axudas a estes colectivos. Non foi atendida e tildouse de "demagóxica". Agora, desafortunadamente, xa temos moitos negocios pechados definitivamente coa perda dos postos de traballo.
A comparativa coas medidas económicas e sociais tomadas nos concellos da bisbarra é demoledora. Outros concellos similares ao noso xa axudaron ós seus veciños moito antes e de xeito máis potente.
Por outra banda, o goberno do señor Alvariño nin consulta nin informa ó resto das forzas políticas no referente a inversions ou medidas a tomar. Tampouco nada lle serve do que propón a oposición. Un dato: A reunión cos representantes do persoal de Galicia Textil foi unha das poucas veces en seis anos onde se convocou a tódalas forzas políticas a tratar un asunto de importancia no concello.
Esto non son formas democráticas. Por iso, MOVENEDA non será nunca cómplice deste xeito de facer política.
MOVENEDA no Diario de Ferrol: o goberno de Neda conta medias verdades
- Detalles
- Publicado o 06 Febrero 2021
- Visto: 125
O Diario de Ferrol se fai eco na súa edición en papel da nosa nota de prensa onde desmentimos as afirmacións do Concello de Neda sobre o suposto aforro no servizo de reciclaxe de cartón e papel.
Esiximos ó alcalde Alvariño que informe os veciños de Neda de xeito veráz e transparente
A plantilla de #GaliciaTextil, ante o Concello de Neda,
- Detalles
- Publicado o 05 Febrero 2021
- Visto: 121
A plantilla de Galicia Textil se concentrou hoxe ante o Concello de Neda, onde recibiu o apoio da corporación e outros veciños.
O goberno do Concello de Neda volve contar medias verdades e trata de enganar os veciños
- Detalles
- Publicado o 05 Febrero 2021
- Visto: 332
Non é certo que haxa un aforro de 450€ mensuais na factura da recollida de cartón e papel. A realidade é que na nova contratación de servizo, á empresa AMBIGAL 360 SL, a frecuencia de baleirado dos contedores pasa de ser #semanal a #quincenal. Metade de servizo, metade de prezo.
O alcalde Alvariño trata de facer pasar como aforro o que realmente é un empeoramento notable do servizo, que é evidente en moitos puntos de recollida onde se acumulan os restos e os contenedores permanecen cheos durante semanas.
Por outra banda, MOVENEDA ten moitas dúbidas sobre o xeito como se fixo a nova contratación, posto que pensamos incumpre a concesión de recollida de basuras á empresa Transportes Benigno Rodríguez, que ten a competencia exclusiva da recollida de todos os residuos de Neda. Os intentos de trocear a concesión para darlla a dedo a outras empresas, esquivando os procedimentos de licitación pública, non nos parece o xeito máis transparente de xestión municipal.
Por todo isto, esiximos ao alcalde Alvariño que nos informe a todos os veciños con veracidade e transparencia.
Nova concentración dos traballadores e traballadoras de Galicia Textil
- Detalles
- Publicado o 03 Febrero 2021
- Visto: 91
Rematou a concentración dos traballadores e traballadoras de Galicia Textil en protesta polo ERE. Mañá, a movilización vai ser as 11:00, no edificio da Xunta en Ferrol. O venres, as 13:00, vai ser no Concello de Neda
.
Facemos un chamamento á veciñanza de #Neda a acodir e prestar o seu apoio a plantilla, cumprindo en todo momento e de xeito escrupuloso das normas anti #COVID19
#NonoEREenGaliciaTextil
Non os despidos en textil Galicia
- Detalles
- Publicado o 01 Febrero 2021
- Visto: 108
Nova xornada de concentración fronte á fábrica textil de Xuvia
#NonOsDespidosEnTextilGalicia
Nota de prensa conxunta de Moveneda e Somos Cabanas: pedimos un esforzo a poboación para reducir a presión nas UCI's
- Detalles
- Publicado o 31 Enero 2021
- Visto: 180
Un ano despois de que a OMS declarase a COVID-19 unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional, increméntanse as chamadas reiteradas á responsabilidade do persoal sanitario. Facéndose eco destes berros no deserto, #Moveneda e Somos Cabanas, a través dos seus voceiros Juan Carlos Pita e Xosé Manuel Sardiña, súmanse ao chamado cívico a reducir os desprazamentos, saír só para o esencial ou para realizar actividade física en espazos abertos e a cumprir as medidas de prevención como levar máscara, manter distancia, lavar as mans e non compartir espazos non ventilados con non conviventes.
Juan Carlos Pita e Xosé Manuel Sardiña, concelleiros en Neda e Cabanas, envíanlles unha mensaxe de apoio e solidariedade ás sanitarias que loitan diariamente nas unidades #COVID e que están a denunciar a falta de camas libres no #CHUF para atender doentes de COVID que ou se intuban no momento ou morren. Son conscientes, así mesmo, dos momentos moi duros para as persoas afectadas e para as súas familias e achegados e por iso ven máis necesario evitar máis contaxios innecesarios.
Movilización a prol do mantemento do emprego en Galicia Textil
- Detalles
- Publicado o 30 Enero 2021
- Visto: 125
Los traballadores e traballadoras de #GaliciaTextil chaman a todos os traballadores e veciños de #Neda a apoiar e participar nas movilizacións que están a levar a cabo rexeitando os despidos que pretende a empresa.
Todos os dias, de 13:30 a 14:30, na porta da fábrica.
Pleno Ordinario do Concello de Neda
- Detalles
- Publicado o 28 Enero 2021
- Visto: 171
No Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado este lúns, o Grupo do PSOE presentou unha moción na que insta a Xunta a creación de un fondo extraordinario para a loita contra a pandemia.
Esta é outra desas mocións Pret-a-Porter que lles mandan dende Santiago, con instruccións de uso: “y no olvide poner el nombre de su municipio en la liña de puntos” e que so serven para poder saír no periódico “O Concello de Neda apoia, bla, bla, bla...”. Non serven para nada porque son postureo.
Esta moción do PSOE nos lembra a San Lucas, versículos 7:1... E dunha desfachatez vergoñenta que este goberno municipal lle sinale a palla no ollo á Xunta cando a súa viga é a incapacidade para tomar medidas económicas dentro das súas competencias para axudar os veciños deste concello: rebaixa do IBI, conxelacion de taxas municipais, axudas directas... Non se tomou ningunha destas medidas, cando outros concellos si axudan os seus veciños.
Para esixirlle algo a outra administración primeiro hay que ter a casa barrida. E o alcalde Alvariño, ni barre nin deixa barrer.
Se fora o PSOE o que gobernase na Xunta, esta mocion a presentaría o PP. Isto e rirse da xente e Moveneda non participa nesta xogo partidista e inutil, e por iso, MOVENEDA se abstivo na votación.
Non os despidos en Galicia textil!!
- Detalles
- Publicado o 28 Enero 2021
- Visto: 96
Nos acaban de informar que a reunion da plantilla de #GaliciaTextil coa dirección rematou sen acordo e recuaron o que dixeron na reunión do luns.
É por isto que mañá empezan as movilizacions, en principio na hora do mediodía, de 13:30 a 14:30.
#NonOsDespidosEnGaliciaTextil
Comunicado de apoio de MOVENEDA á plantilla de Galicia Textil
- Detalles
- Publicado o 23 Enero 2021
- Visto: 115
Ós peches de ENDESA, Poligal, Gamesa, ós miles de despidos no naval, ós centros de despidos en hostalería, comercio e pequena industria ven agora a sumarse o anuncio de Galicia Textil, situada no Concello de Neda, que pretende despedir a 20 dos 35 traballadores e traballadoras que compoñen a plantilla, coa escusa dunha suposta inestabilidade ou inviabilidade económica.
Cando hai beneficios nunca se reparten cos traballadores, pero se as empresas non sacan o rendemento esperado ou hai perdas, estas son rapidamente trasladadas ós traballadores. Non podemos apoiar nin tolerar que os empresarios tomen sempre o camiño fácil: pechar, destruír emprego e marchar. Polo tanto, é imperioso pelexar por cada posto de traballo vista a situación de destrución industrial e do emprego que está a padecer a nosa comarca.
Dende MOVENEDA pensamos que é viábel que Galicia Textil manteña a produción e os postos de traballo.
A Xunta e ó Goberno central teñen as competencias e a responsabilidade. Non podemos permitir que o PP e PSOE xoguen a pasarse a pelota coa estúpida discusión de sempre sobre quen ten competencias. Xa abonda de rirse dos traballadores.
Xunta e Goberno central deben evitar a proposta da empresa, deben propoñer solucións que aseguren a continuidade da fábrica e o mantemento dos postos de traballo; deben propoñer medidas que aseguren a viabilidade produtiva, evitando así a saída fácil de descargar os custes exclusivamente nas costas da plantilla.
A mellor ferramenta da clase traballadora para defender os seus dereitos e a #mobilización, por tanto, dende MOVENEDA facemos un chamado ás veciñas e veciños, os traballadores e traballadoras de Neda e do resto a comarca, a apoiar sen fisuras a loita da plantilla de Galicia Textil na defensa dos seus postos de traballo e a participar activamente en todas aquelas mobilizacións que convoquen para acadar ese obxectivo.
NON OS DESPIDOS EN GALICIA TEXTIL!!
DEFENDAMOS OS POSTOS DE TRABALLO!!
A realidade tras da campaña #ViveEnNeda
- Detalles
- Publicado o 28 Noviembre 2020
- Visto: 352
A nova campaña #ViveEnNeda é brillante e atractiva no formato e felicitamos os seus creadores. Lamentablemente a problematica da caida e envellecemento da poboacion en Neda ven de lonxe e foi agravada polas escasas e fracasadas medidas adoptadas polos gobernos de Cabezon e Alvariño.
Neda carece de un Plan Xeral de Urbanismo. Na elaboracion do proxecto de PXOUM se investiron mais de 100.000 euros e seguimos sen ter nada. Vai seguirse adiante con ese proxecto?
A realidade de Neda é que o parque de pisos novos é inexistente, e as vivendas dispoñibles son vellas e precisan moitas reformas. Tampouco se fixo nada para modular e apoiar unha baixada os prezos do aluguer, que en moitos casos son claramente excesivos comparados con outros concellos da comarca.
Todo isto fai que lamentablemente moita xente desbote a idea de afincarse en Neda.
Se gastan miles de euros en campañas publicitarias das que non temos unha avaliacion seria do seu impacto e resultados. Eses cartos se puideron empregar en axudas directas para atraer familias ou en crear unha Bolsa Municipal de Vivenda.
Nos ultimos anos o Concello de Neda non tomou ningunha medida de calado para paliar estas eivas. Como en outros temas, dende MOVENEDA presentamos propostas e ideas o goberno para discutilas, chegar a acordos e implantalas. Por exemplo, propuxemos ampliar as areas de rehabilitacion (subvencionadas pola Xunta) a outras zonas do concello aparte da Rua Real
Lamentablemente, o silencio, a autosuficiencia, o desprezo e a negativa do grupo de goberno a toda proposta que non saia das suas cabezas condena a este concello a ir esmorecendo pouco a pouco.
#NedaMereceUnEsforzo
Asambea Permanente de Moveneda, mercores 25N
- Detalles
- Publicado o 25 Noviembre 2020
- Visto: 112
Mantendo os protocolos polo #covid19, maña mercores imos celebrar a AsambleaPermanente de MOVENEDA por medios telemáticos. Falaremos dos asuntos de interese no Concello de Neda
Será a partires das 19:45 e podes participar no seguinte enlace: https://meet.jit.si/2020-11-24_PermanenteMOVENEDA
Os participantes deberán identificarse con nome e apelido.
Saúdos
En negro contra as violencias 2020, un ano transcendental Contra As Violencias.
- Detalles
- Publicado o 25 Noviembre 2020
- Visto: 137
Ante a crise sanitaria actual e as restricións de mobilidade e distanciamento social, a acción envorcarase, sobre todo, nas redes sociais. A acción social En Negro Contra As Violencias continúa un ano máis expandíndose e tinguindo de negro espazos públicos e privados. Constituída por diferentes entes, a plataforma pretende poñer fin ás diferentes formas de violencia contra as mulleres polo simple feito de selo.
No quinto ano de percorrido da campaña, esta conta coa participación de 2 deputacións, 140 concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total, preto de 500 entes que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo.
Neste ano, no que a emerxencia sanitaria pola pandemia obrigou ao confinamento domiciliar, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres fíxose, se cabe, máis difícil. Así o denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS), instando ós gobernos a tomar medidas urxentes de prevención para facilitar, deste xeito, a asistencia ás mulleres que se puideran atopar en situación de vulnerabilidade ou perigo.
En #NegroContraAsViolencias demostrou ser unha ferramenta moi útil para que os concellos –grandes e pequenos– puidesen implementar, desde o mesmo marco, diferentes iniciativas que na suma total constituísen unha única grande acción. Este ano, preténdese do mesmo xeito unir forzas e tinguir de negro, non só os establecementos, senón tamén as casas, as rúas e as redes sociais. Conscientes das dificultades actuais para organizar accións presenciais, este ano centraranse os esforzos en actividades virtuais. A primeira tivo lugar o pasado 4 de novembro, a través dunha reunión virtual con preto de noventa participantesco obxectivo de poñer en rede as diferentes actividades que se están a programar.
Algunhas das propostas globais que xa están en marcha, en diferentes lugares, son: distribución de máscaras (co deseño que xa se pode descargar na web), pezas audiovisuais, accións con tecedoras, así como a creación de ferramentas colaborativas para recoller as voces das mulleres, como será o lenzo a modo de pancarta virtual que colgaremos da nosa web, un proxecto procesual –ideado polo colectivo de #GráficasEnNegro– que aposta pola aprendizaxe colectiva. Estas ferramentas axudan tamén a crear pontes, así este ano contamos coa participación dun colectivo de México, Global Shapers, dende o que están a traballar para tinguir de negro o centro de Morelia.
Igual que en anos anteriores, o proxecto a nivel global, conta co patrocinio de Gadis e Finsa, garantindo a coordinación e o desenvolvemento das accións globais e co apoio das deputacións de Pontevedra e Lugo para os seus respectivos territorios.
#EnNegro contra as violencias, é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde en 2015 en Santiago de Compostela co impulso da Administración Local, crecendo e involucrando ano tras ano a un maior número de concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de forma viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro e, concretamente, no #25N -Día Internacional da Eliminación da #Violencia contra a Muller-, cando a acción desprega a súa actividade dunha forma máis intensa.
Desde o seu inicio buscouse implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas.
Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.
Para máis información:
https://ennegrocontraasviolencias.gal
Axudas da Deputacion e Concello para autónomos e empresas
- Detalles
- Publicado o 07 Noviembre 2020
- Visto: 294
A Deputación de A Coruña puxo en marcha axudas a traves do Plan de Emprego Local (Reactiva). O Concello de Neda ten asignados 67.000 euros, dos que o concello aporta o 20%. As axudas van dos 1.500 aos 3.000 € e xa se poden solicitar. O prazo remata o vindeiro día 25 de novembro.
Dende #MOVENEDA apoiamos as medidas para paliar a grave situación económica derivada do #COVID, pero debemos sinalar que chegan con meses de retraso e son escasas.
A moitos lles pode parecer que 67.000€ son unha boa cifra, pero se temos en conta que as axudas van de 1500 a 3000€, se van beneficiar delas como maximo 44 empresas e autonomos. Se en Neda hay 276 autonomos e micro-empresas, cómo vai axudar o Concello ós outros 240?
En Maio propuxemos ás outras forzas políticas de #Neda que acordásemos diversas medidas de apoio a veciños, empresas e autonomos. O silencio foi a resposta. Non se fixo nada, agás fotocopiar os deberes ós cativos e pouco máis.
Un concello está para axudar os veciños. Esiximos do goberno de #Alvariño que deixe de ser o punto negro da comarca e o único concello que non tomou ningunha medida propia de apoyo.
Xunto ó plan da Diputacion, o concello pode e debe impulsar medidas da sua competencia:
- Rebaixa do IBI, Impisto de rodaxe e taxa basura a negocios e autónomos
- Moratoria no pago de taxas e licencias municipais
- Rebaixa na tasa da auga a veciños, autonomos e empresas
- Fraccionamento e tramitación automatica do IBI e Rodaxe a todos os veciños que o soliciten
- Axudas directas ós veciños: para contratar internet e merca de ordenadores,
- Bbonificacions na escola infantil e actividades concello a parados e xente en #ERTE
Basta mirar ós concellos da comarca para ver as medidas que estan tomando.
Por qué en Neda non temos medidas similares?
De qué serve un Concello se non ayuda ós seus veciños?
Máis artigos...
- Pleno extraordinario: Convenio de transporte metropolitano
- Medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene
- Ecoloxía en Neda, "exito absoluto" das repoboacións e novas plantacións
- Últimos días para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
- Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión
- O Concello adxudica o servizo de atención na Biblioteca e Arquivo por 21.507,20 euros anuais
- Deixar gobernar ou non, esa é a cuestión
- Puntualizacións sobre o anuncio do Concello de Neda á praza ofertada para a biblioteca municipal
- Moveneda e Somos Cabanas súmanse ó novo Consello de Forzas Locais
- Inicio de curso sen medios e sen preparacion
- O goberno de Neda prefire defender a ABANCA e nos os veciños
- MOVENEDA PROPÓN UN PLAN DE REACTIVACION E RESCATE SOCIAL URXENTE
- Primeiro pleno da lexislatura 2019-2023
- Municipais2019 - Calendario de actos electorais de MOVENEDA
- Municipais2019 - Juan Carlos Pita, candidato á alcaldía
- Programa para un goberno de MOVENEDA, #UnGobernoParaTodos
- MOVENEDA OFRECE UN GOBERNO CON CONCIENCIA ECOLÓXICA.
- MANIFESTO POLITICO 2019 – CONSTRUIR FUTURO
- Primeiro acto de da campaña Municipais 2019, na Escola do Pouso Vello.
- VOTA MOVENEDA
- Asamblea Permanente: preparación das eleccións
- Puidemos ser os primeiros, pero preferiron ser do monton
- O Concello de Neda consegue anular un crédito tóxico da época de Cabezón
- PlenoExtraordinario do Concello de Neda celebrado o pasado lúns 2019-04-29.
- Primeiro de Maio: Día da Clase Traballadora
- A Xunta Electoral apercibe a Alvariño para que cumpla as normas electorais
- Este luns, ASAMBLEA PERMANENTE
- Este mercores día 1 not celebramos A PORTA ABERTA
- Pleno Extraordinario, luns 29 de abril
- Pleno Extraordinario, o vindeiro luns 29 de abril
- Día do Libro
- Este luns 22, ASAMBLEA PERMANENTE